Interlingua (lingua artificial)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Existen dúas linguas artificiais de nome Interlingua. Unha é a Interlingua de Peano, mellor conocida como Latino sine Flexone; e a outra é a Interlingua de IALA, que é o tema deste artigo.
Así como o vocabulario do Esperanto era tomado das linguas románicas, xermánicas, e eslavas, entre outras, o vocabulario da Interlingua tomouse das principais linguas románicas. O mesmo ocorreu coa gramática, pero máis, moito máis simplificada. A Interlingua trata de ser, en esencia, un "factor común" de todas as linguas europeas.
A gramática e o vocabulario da Interlingua completáronse en 1950. Alexander Gode era un dos primeiros iniciadores deste esforzo. Publicou unha gramática detallada, un dicionario Interlingua-Inglés e un libro introductorio, titulado en Interlingua: Interlingua a prime Vista.
A Interlingua ten seguidores en EE.UU., os Países Baixos, Rusia, e particularmente en Suecia. Existen algunhas páxinas web en Interlingua e un boletín mensual.
Agora a Interlingua tende a substituír o seu vocabulario tomado do Latín Clásico na versión original de Gode por vocabulario románico. Por exemplo emer (comprar) vese substituído por comprar.
[editar] Enlaces externos
- Union Mundial pro Interlingua (en interlingua)