Illa de Elba
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Situada ao oeste de Italia, a illa de Elba (antigamente Ilva ou Aethalia) é un paraíso de orixe volcánica duns 225 km², pertencente á provincia de Livorno (Italia).
É a illa máis grande do Arquipélago Toscano e forma na sua totalidade parte do parque nacional Arquipélago Toscano, que se estende polas provincias de Livorno e Grosseto.
A súa costa é cambiante entre arrecifes, moi apreciados polos mergulladores, a pequenas praias que contrastan co interior esgrevio e montañoso. O cume máis alto é o Monte Capanna duns 1000 m de altura.
A illa divídese en oito comunas: Campo nell'Elba, Capoliveri, Marciana, Marciana Marina, Porto Azzurro, Rio Marina, Rio nell'Elba e Portoferraio. Esta última é a súa capital.