Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Epigrafía - Wikipedia

Epigrafía

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A epigrafía (Grego, επιγραφή - "escrito enriba") é o estudo das inscricións gravadas en pedra ou outros materiais permanentes como o metal, a ciencia de clasificalas no seu contexto cultural e data, explicándoas e vendo que conclusións se poden extraer delas. O estudo dos manuscritos antigos, normalmente escritos con tinta, é un campo de estudo distinto: a paleografía.

O tipo de escrita, o suxeito da epigrafía, é un asunto moi distinto do da natureza do texto, que se estuda en si mesmo. Os textos están normalmente escritos en pedra para exposición pública (ou á vista dos deuses, como na inscrición persa de Behistún), e así son esencialmente distintos dos textos escritos de cada cultura. Sen embargo, non todos os textos inscritos son públicos: na cultura micénica os textos en Lineal B descifrados revelaron seren basicamente contas dos templos ou tributos aos deuses. Os textos inscritos informais son os "graffiti" no seu senso orixinal.

A miúdo nunha cultura so restan os textos epigráficos. Un caso típico é o da Civilización Maia da América Central precolombina, onde os códices escritos nesta lingua foron apañados e queimados no século XVI. A maior parte da documentación epigráfica que nos queda desta civilización son os seus monumentais glifos. Epigrafistas especializados descifraron as inscricións maias no século XX, entre eles J. Eric S. Thompson, Tatiana Proskouriakoff, Yuri Knorozov, Linda Schele, e David Stewart.

A epigrafía é unha ferramenta primaria da arqueoloxía cando se estudan sociedades letradas. É unha das ciencias auxiliares da Historia.

A ciencia da epigrafía vénse desenvolvendo desde o século XVI. Os principios da epigrafía varían dunha cultura a outra. En Europa os estudos enfocáronse nun principio ao estudo das inscricións romanas. Contribucións individuais importantes foron feitas por epigrafistas como Georg Fabricius (1516 - 1571); August Wilhelm Zumpt (1815 - 1877); Theodor Mommsen (1817 - 1903); Emil Hübner (1834 - 1901); Franz Cumont (1868 - 1947).

O Corpus Inscriptionum Latinarum, comezado por Mommsen e outros estudosos, vén sendo publicado en Berlín desde 1863, coas interrupcións debidas á guerra. É a colección de inscricións latinas máis extensa e ampla. Aínda se están a publicar novos fascículos, pois seguen a ser descubertas novas inscricións. O Corpus está organizado xeograficamente: todas as inscricións de Roma concéntranse, por exemplo, no volume VI. Os especialistas dependen destas coleccións nas que se van publicando as inscricións recentemente descubertas ou relecturas ou reinterpretacións doutras xa coñecidas e publicadas con anterioridade.

A epigrafía grega caeu nas mans dun equipo diferente, con diferentes corpora. Hai dous: O primeiro é o Corpus Inscriptionum Graecarum do que se publicaron catro volumes, tamén en Berlín, entre o 1825 e o 1877. Isto marcou un primeiro paso para unha publicación completa das inscricións gregas tomadas de todas as partes do mundo grego. O segundo corpus moderno é Inscriptiones Graecae disposto xeograficamente por categorías: decretos, catálogos, inscricións honoríficas, funerais, varia, ... todo presentado en latín, para preservar a neutralidade internacional do campo das clásicas.

Outros estudos sobre a produción de textos inclúe:

  • A Paleografía, o estudo dos manuscritos, frecuentemente unha base para datar un documento ou mesmo unha inscrición;
  • A Papiroloxía, o estudo dos manuscritos escritos en papiro.
  • A Numismática, o estudo das moedas.
  • Os Graffiti, textos informais, máis individuais que oficiais.
  • A Ortografía, o grupo de regras e estrutura dun sistema de escrita.
  • A Tipografía, selección e ordenamento dos tipos dun texto.


Índice

[editar] Inscricións célebres

[editar] África

[editar] Asia

    • Edictos de Ashoka

[editar] Europa

  • Epigrafía latina

[editar] Ver tamén

[editar] Artigos relacionados

[editar] Ligazóns externas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com