Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Desastre de Annual - Wikipedia

Desastre de Annual

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Cadáveres en Monte Arruit. Preto de 8.000 soldados españois morreron o 9 de agosto de 1921 nesta posición
Agrandado
Cadáveres en Monte Arruit. Preto de 8.000 soldados españois morreron o 9 de agosto de 1921 nesta posición

Coñécese como Desastre de Annual a grave derrota militar que sufriu o exército español durante a Guerra de Marrocos (ou guerra do Rif) o 22 de xullo de 1921, preto da localidade marroquí de Annual.

Esta foi unha das maiores crises que atacaron ao reinado de Afonso XIII. A denominación de "Desastre de Annual" dase únicamente en España, xa que no Rif coñécese como "Vitoria de Annual".

Índice

[editar] Antecedentes dos feitos

En febreiro de 1920 o xeneral Manuel Fernández Silvestre, tomou posesión do cargo de Comandante Xeneral de Melilla. Coa súa chegada a este posto, ordenou o avance das tropas durante todo o ano para conquistar os territorios ao oeste de Melilla.

Durante o inverno e a primavera de 1921, continuaron as operacións nestes territorios, ocupados case sempre sen violencia, chegando a acordos cos xefes dos territorios ofrecéndolles diñeiro para conseguir a súa amizade. En cada lugar ocupado construían pequenos cuarteis chamados "blocaos", sempre nas zonas máis elevadas, onde xeralmente non había auga, o que obrigaba a ir a por ela en mulas.

A distancia entre os "blocaos" era variable, entre 20 e 40 quilómetros, segundo estivese o terreo, pero se estaban moi xuntos as forzas repartíanse, co que había bos recursos para afrontar un ataque enimigo.

As condicións dos soldados non eran boas. Os suministros escaseaban, as ratas e os piollos eran moi frecuentes no campamento.

Estando así as cousas, en maio de 1921, o groso do exército estaba nun gran campamento situado nuns outeiros preto de Annual. Dende Melilla até ese campamento había tres plazas fortes separadas entre sí 30 quilómetros, máis outros pequenos fortíns con 100 ou 200 soldados cada un.

Até ese momento non houbera ningún enfrontamento armado, aínda que se gardaban as distancias con algunhas tribos que producían pequenos incidentes sen ningunha baixa importante.

[editar] O desastre

O día 29 de maio, o xeneral Silvestre decidiu establecer unha posición avanzada no monte Abarran, contradicindo as ordes do seu xefe, o Alto Comisario de España en Marrocos Dámaso Berenguer, aínda que este movemento, ao parecer, tiña o apoio de Afonso XIII.

Ao pouco de chegar alí, a guarnición foi atacada polo enimigo, morrendo todos os defensores.

O 7 de xuño estableceuse outra posición no monte Igueriben, coa idea de defender o campamento de Annual polo sur. Esta posición foi atacada e quedou en poder do enimigo o día 21 de xullo, despois dun longo cerco no que os defensores quedaron sen auga e morreron, soamente 11 puideron chegar a Annula dos 350 que había no campamento.

Tras estes sucesos, concentráronse arredor do campamento as forzas enimigas. Os rifeños estaban comandados por Mohamed Ben Abdelkrim El Jatabi, antigo funcionario da Administración española na Oficina de Asuntos Indíxenas en Melilla.

Durante a noite do 21 ao 22, o xeneral Silvestre discutiu cos seus oficiais a forma de sair do cerco. Sen chegar a ningún acordo, a primeiras horas da mañá, e baixo fogo enimigo, deuse a orde de retirada e as tropas abandoaron o campamento; algúns oficiais saíron con calma, pero a maioría dos soldados saíu correndo e de forma desordeada, producíndose a masacre no camiño a Melilla. Nesta fuxida producíronse feitos de heroísmo, como o do Rexemento de Alcántara, que cargou en numerosas ocasións até a extenuación e sufrindo o maior número de baixas.

O xeneral silvestre desapareceu e os seus restos non se atoparon. As poucas forzas que saíron vivas de alí, retrocederon até o campamento do Monte Arruit baixo o mando do xeral Navarro, pero esta posición tamén foi asediada e os suministros cortáronse, polo que o xeneral Berenguer autorizou a rendición o 9 de agosto. Pero os rifeños non respetaron as condicións e entraron no campamento matando aos soldados e facendo prisioneiros ao xeneral Navarro e a 600 efectivos máis.

Sobreviviron 60 homes dos 3000. A causa de manter a éstes con vida foi discutida polos historiadores, pero unha das razóns apunta a intención dos rifeños de evitar a que foi unha das causas da vitoria final española, o ataque con armas químicas.

[editar] Efectos en España

En total calculase que nos combates morreron entre 10.000 e 20.000 españois e uns 1.000 rifeños.

A crise política motivada por este desastre fixo dicir a Indalecio Prieto nas Cortes:

«Estamos en el periodo más agudo de la decadencia española. La campaña de África es el fracaso total, absoluto, sin atenuantes, del ejército español».

O ministro da Guerra ordenou a creación dunha comisión de investigación, dirixida polo xeneral laureado Juan Picasso González, que elaborou o informe coñecido como Expediente Picasso, no que, se ben se sinalaban múltiples erros militares, debido á acción obstructiva de algúns ministros e xuíces non se chegou ao fondo das responsabilidades políticas e incluso do propio rei, que segundo algunhas testemuñas animou á penetración irresponsable de Silvestre até puntos alonxados de Melilla sen contar cunha defensa adecuada na retagarda. Segundo esas testemuñas, nunca probadas, xa que o documento en cuestión non se atopou, o rei enviou un telegrama, animando a Silvestre nas súas accións, co texto: "Ole los hombres".

Antes de que o informe Picasso se debatera nas Cortes, o xeneral Miguel Primo de Rivera deu un Golpe de Estado o 13 de setembro de 1923. Coa vitoria do Desembarco de Alhucemas, obtívose unha posición forte tras o desastre de Annual.

[editar] Véxase tamén

Outras linguas
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com