Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Batalla de Nieuwpoort - Wikipedia

Batalla de Nieuwpoort

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Representación de Mauricio de Nassau na batalla de Nieuwpoort, en primeira plana. Cadro feito por Pauwels van Hillegaert.
Agrandado
Representación de Mauricio de Nassau na batalla de Nieuwpoort, en primeira plana. Cadro feito por Pauwels van Hillegaert.

A batalla de Nieuwpoort ou primeira batalla das Dunas entre as forzas das Provincias Unidas baixo o mando de Mauricio de Nassau e o exército español baixo o mando do arquiduque Alberto de Austria tivo lugar o 2 de xullo do ano 1600 preto da cidade Belga de Nieuwpoort. É a primeira batalla importante gañada polos holandeses en campo aberto, tralas profundas reformas ás que Mauricio someteu ao seu exército.


Índice

[editar] Campaña

Malia á oposición de Mauricio, os Estados Xerais ordenáronlle desembarcar ao exército en territorio controlado polos españois para destruír a cidade de Dunkerque, principal base dos corsarios ao servizo da coroa española.

O 22 de xuño as tropas de Mauricio toman terra e ao decatarse o arquiduque Alberto sae de Bruxelas ao encontro do exército protestante con tres tercios, unha unidade española amotinada en Diest á que o archiduque solicita axuda, e varias unidades valonas, italianas e alemás. O exército español interceptou ás forzas de Mauricio obrigándolles a presentar batalla.


[editar] Forzas

[editar] Flanco norte

Provincias Unidas: 4 canóns, 650 mosqueteiros ingleses. España: 6 canóns, 600 xinetes, 1400 infantes, entre os que se inclúe aos amotinados.

[editar] Flanco sur

Provincias Unidas: 1.200 xinetas. España: 1.000 xinetes.

[editar] Centro

Provincias Unidas: 9.300 infantes. España: 7.300 infantes, nos que se inclúe aos tres tercios españois.


[editar] A batalla

Tras marchar máis de 45 km nun día e unha noite a vangarda do exército español, formada polos amotinados, tópase con dous mil infantes do exército holandés e uns escuadrones de cabalería enviados ao seu encontro, aos que esmagan. Sen deterse acadan as posicións de Mauricio na praia, apostado sobre unhas dunas nas que dispón ao seu exército.

O arquiduque Alberto, malia que parte da infantería aínda estaba en camiño, o cansazo da marcha, e ter o sol e o vento en contra que lles botaba a area nos ollos, decide atacar. Contra a liña de dunas os españois lanzan tres asaltos, que só no último intento ten éxito, apoderándose dunha das dunas e facendo vacilar a todo o exército protestante. A cabalería holandesa carga contra a cabalería española dispersándoa pero véndose detida pola infantería española.

Tras reagruparse a infantería lanza un novo asalto á seguinte duna e esta a piques de tomala, pero Mauricio lanza de novo contra a cabalería española os seus tres últimos rexementos de cabalería que permanecían en reserva, arrollan de novo á cabalería española e lánzanse contra a infantería.

A infantería, esgotada trala marcha, os catro asaltos realizados na area da praia e ante o contraataque simultáneo da infantería holandesa e a cabalería, afúndese. O arquiduque Alberto intenta evitar a derrota pero o mesmo é ferido na cabeza por un inimigo.


[editar] Resultado

Tralas reformas efectuadas por Mauricio no exército holandés, este organízase en batallones, unidades máis pequenas e versátiles que os tercios empregados polos españois, o que lles daba máis posibilidades tácticas e de manobra. É un modelo de organización que se acabaría impoñendo en Europa ao longo do século XVII.

Malia que Mauricio venceu ao exército español, unha proeza da que poucos podían vangloriarse no século XVI, non puido sacar ningún proveito da campaña, aparte da inxección de moral que supuxo para as tropas e a poboación das Provincias Unidas, vencer en campo aberto aos tercios españois.

As liñas de comunicación e aprovisionamento das forzas das Provincias Unidas estiráronse ao máximo e Mauricio tivo que retirarse a fins de mes. Os flamengos aos que Mauricio esperaba levar á rebelión contra a coroa española permaneceron leais a esta. O porto de Dunquerke, que era o principal obxectivo permaneceu en mans españolas. Os corsarios con base neste porto continuaron atacando as naves comerciais e pesqueiras holandesas, ata o declive da mariña española no mar do Norte.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com