Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Serea - Wikipedia

Serea

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A definición propia de serea, na mitoloxía grega, é o dunha ninfa nada da musa Calíope e o río Aqueloo segundo unhas versións, e Forcis o Xea segundo otras, que cos seus cantos engaiolaban os mariñeiros e provocaban a sua morte contra os cantís que rodeaban a sua illa.

O seu nome proven do termo latino siren, que a sua vez proven do grego seirên, da palabra seira, "lazo", "corda", recordando sen dúbida o poder cautivador das mesmas.

Gravado nunha cunca grega da epoca sobre Ulises e as sereas
Agrandado
Gravado nunha cunca grega da epoca sobre Ulises e as sereas

Este ser mitolóxico vennos de herdanza do mundo grego (ainda que se pensa que xa é anterior, Persa ou Indoeuropeo); a pesares disto, o que hoxe en día se entende por serea difere sobre o seu orixinal.

A serea é un ser mitolóxico metade muller metade paxaro, e que vivía nos cantís das costas (Lenda das Sereas). Isto podémolo ver nos gravados do Mito de Ulises, lenda que ten a sua versión galega na Costa da Morte, onde os lugareños ligan as sereas con bruxas, as cales teñen o poder de voar. Esta ligazón seguramente é por motivos relixiosos pola implantación do cristianismo no lugar.

Este poliformismo (muller-ave) trócase, non se sabe ben cando, no poliformismo doutro ser mitolóxico, o das nereidas (muller-peixe); deste cambio de poliformismo teñense xa datos no século XV, cando os mariñeiros que viaxaban con Colón ás Americas confonden a este ser mitolóxico cos manatíes que alí viven, ainda que o maior impulso que recebe este ser mitolóxico para o seu coñecimento vén a causa dun conto infantil, A Sereniña, do dinamarqués Hans Christian Andersen e é a causa pola cal a ligazón muller-peixe e serea é tomada como principal coñecida.

Escudo feito por Castelao para Galiza, parte do escudo de Fefiñans e introduce simbolos políticos
Agrandado
Escudo feito por Castelao para Galiza, parte do escudo de Fefiñans e introduce simbolos políticos

A serea (muller-peixe ou nereida), é a que mais presente está na heráldica, por non dicir que a única, unha das heraldicas con serea mais coñecidas de Galiza, é a dos viscondes de Fefiñans.

Segundo conta a lenda, este naufragou nuha viaxe nas costas de Irlanda, sendo salvo por unha serea, que dende aquela engadíu ao seu escudo, como se pode ver no escudo do Pazo de Fefiñans nun dos seus laterais.

Ao parecer esta foi a serea que tomou Castelao para facer o seu escudo da Galiza para a epoca da republica co seu lema inscrito Denantes mortos que escravos.

Hoxe en día a idea dunha serea como ser maligno que leva a morte aos mariñeiros apenas existe, sendo estes uns seres bos que axudan aos mariñeiros cando naufragan, ao igual que a historia da lenda do bisconde de Fefiñans. De todos os xeitos, ainda hoxe en dia en Galiza temos craros exemplos destes casos como pode ser o caso da Serea Maruxaina en San Cibrao, Cervo (Mariña Luguesa).

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com