Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Andre Agassi - Wikipedia

Andre Agassi

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Andre Agassi
Estatísticas de Andre Agassi

Orixe: As Vegas, Estados Unidos
Data de nacemento: 29 de marzo de 1970
Altura: 1,80 metros
Peso: 78 kgs
Xogo: Destro
Profesional desde: 1986
Retiro: 2006
Mellor posición na ATP:

Andre Kirk Agassi é un xogador de tenis estadounidense nacido o 29 de abril de 1970 nas Vegas.

Actualmente retirado, gañou máis de 25 millóns de dólares en premios e foi número 1 no ránquin mundial.

Índice

[editar] Biografía

[editar] Os comezos

Agassi é descendente de armenios, aínda que naceu e creceu nas Vegas, Estados Unidos, onde vive. Seu pai, Emmanuel "Mike" Agassi, participou nos Xogos Olímpicos de 1948 e 1952 representando a Irán en boxeo. Tras emigrar aos Estados Unidos, acurtou o seu apelido armenio de Agassian a Agassi. O seu máximo ídolo é Nicolas Almiron.

Fanático do tenis, Mike Agassi estaba determinado a facer todo o posible para que algún dos seus catro fillos fose un xogador de sona, e agasalloulle a súa primeiro raqueta a Andre cando este fixo os dous anos. Na nenez, Andre petaba en preto de 3000 bólas ao día, os 7 días da semana. Cando fixo os 14, enviárono á academia de Nick Bolletieri en Flórida, e converteuse en xogador profesional aos 16. Foi o xogador máis novo en superar a marca dun millón de dólares en premios, en decembro de 1988, tras só 43 torneos.

Cando mozo, Andre lucía unha imaxe rebelde, que desafiaba os aspectos máis conservadores do tenis: pelo longo, un aro, roupas de cores... O eslogan dunha campaña de publicidade que o tiña como protagonista, "a imaxe éo todo", converteuse tamén no lema de Agassi.

O 19 de abril de 1997, Andre casou con Brooke Shields tras catro anos de noivado. En febreiro dese ano, demandaran o National Enquirer por publicar ruxerruxes falsos sobre Shields. Cando Brooke e a súa nai solicitaron a Agassi a firma dun acordo prenupcial, o tenista rexeitouno, pero o que apareceu nos titulares foi un indicio do que viría despois. Agassi pediu o divorcio, que lle foi concedido o 9 de abril de 1999.

[editar] O apoxeo: crise e recuperación

Desde que Rod Laver gañara o Grand Slam (tenis) en 1969 non houbera tenista masculino ningún que o fixera, e foi Andre Agassi o único tenista que, desde esa data, gañou os catro torneos do Grand Slam. Como non os acadou no mesmo ano chámaselle Grand Slam de carreira. Os torneos foron: Aberto de Australia (1995, 2000, 2001 e 2003), Torneo de Roland Garros (1999), Torneo de Wimbledon (1992) e Aberto dos Estados Unidos (1994 e 1999). Como ademais gañou a medalla de ouro olímpica en 1996, é o único tenista masculino que gañou o que se denomina Golden Slam (os catro torneos do Grand Slam e mais o ouro olímpico.

En novembro de 1997, descendera ao lugar 141 do ránquin mundial, e o seu matrimonio estaba en crise. Logo da separación, volveuse a dedicar ao tenis con todas as enerxías: rapou a cabeza, comezou un rigoroso programa de adestramento co que recuperou o nivel de xogo e incorporouse rapidamente ao grupo dos mellores tenistas.

Cando lle recoñeceron o divorcio, Agassi xa estaba a saír con Steffi Graf. Casaron o 22 de outubro de 2001 no seu fogar, sendo as súas nais as únicas testemuñas da unión. O seu primeiro fillo, Jaden Gil, naceu 6 semanas prematuro o 26 de outubro. Jaz Elle, a filla, naceu o 3 de outubro de 2003.

O 24 de xuño de 2006, logo de vinte anos de actividade profesional, anunciou o seu retiro. O 28 de agosto de 2006 comezou o que sería o seu último torneo, o Aberto de Estados Unidos.

[editar] Carreira profesional

[editar] Vitorias no Grand Slam (8)

Ano Campionato Rival na final Resultado na final
1992 Wimbledon Goran Ivanišević 6-7, 6-4, 6-4, 1-6, 6-4
1994 Aberto dos Estados Unidos Michael Stich 6-1, 7-6, 7-5
1995 Aberto de Australia Pete Sampras 4-6, 6-1, 7-6, 6-4
1999 Roland Garros Andrei Medvedev 1-6, 2-6, 6-4, 6-3, 6-4
1999 Aberto dos Estados Unidos Todd Martin 6-4, 6-7, 6-7, 6-3, 6-2
2000 Aberto de Australia Evgueni Kafelnikov 3-6, 6-3, 6-2, 6-4
2001 Aberto de Australia Arnaud Clément 6-4, 6-2, 6-2
2003 Aberto de Australia Rainer Schüttler 6-2, 6-2, 6-1

[editar] Finalista do Grand Slam (7)

Ano Campionato Rival na final Resultado na final
1990 Roland Garros Andrés Gómez 3-6, 6-2, 4-6, 4-6
1990 Aberto dos Estados Unidos Pete Sampras 4-6, 3-6, 2-6
1991 Roland Garros Jim Courier 6-3, 4-6, 6-2, 1-6, 4-6
1995 Aberto dos Estados Unidos Pete Sampras 4-6, 3-6, 6-4, 5-7
1999 Wimbledon Pete Sampras 3-6, 4-6, 5-7
2002 Aberto dos Estados Unidos Pete Sampras 3-6, 4-6, 7-5, 4-6
2005 Aberto dos Estados Unidos Roger Federer 3-6, 6-2, 6-7, 1-6

[editar] Títulos (61)

[editar] Individuais (60)

Lenda
Grand Slam (8)
Tennis Masters Cup (1)
Xogos Olímpicos (1)
ATP Masters Series (17)
ATP Tour (33)
Data Torneo Superficie Rival na final Resultado
1. 23 de novembro de 1987 Itaparica, Brasil Dura Luiz Mattar 7-6 6-2
2. 15 de febreiro de 1988 Memphis, Estados Unidos Dura Mikael Pernfors 6-4 6-4 7-5
3. 25 de abril de 1988 Charleston, Estados Unidos Terra batida Jimmy Arias 6-2 6-2
4. 2 de maio de 1988 Forest Hills, Estados Unidos Terra batida Slobodan Zivojinovic 7-5 7-6 7-5
5. 11 de xullo de 1988 Stuttgart, Alemaña Terra batida Andrés Gómez 6-4 6-2
6. 25 de xullo de 1988 Stratton, Estados Unidos Dura Paul Annacone 6-2 6-4
7. 15 de agosto de 1988 Livingston, Estados Unidos Dura Jeff Tarango 6-2 6-4
8. 2 de octubre de 1989 Orlando, Estados Unidos Dura Brad Gilbert 6-2 6-1
9. 5 de febreiro de 1990 San Francisco, Estados Unidos Moqueta Todd Witsken 6-1 6-3
10. 12 de marzo de 1990 Miami, Estados Unidos Dura Stefan Edberg 6-1 6-4 6 6-2
11. 16 de xullo de 1990 Wáshington, Estados Unidos Dura Jim Grabb 6-1 6-4
12. 12 de novembro de 1990 Tennis Masters Cup, Frankfurt, Alemaña Moqueta Stefan Edberg 5-7 7-6 7-5 6-2
13. 1 de abril de 1991 Orlando, Estados Unidos Dura Derrick Rostagno 6-2 1-6 6-3
14. 15 de xullo de 1991 Wáshington, Estados Unidos Dura Petr Korda 6-3 6-4
15. 27 de abril de 1992 Atlanta, Estados Unidos Terra batida Pete Sampras 7-5 6-4
16. 22 de xuño de 1992 Wimbledon Herba Goran Ivanišević 6-7 6-4 6-4 1-6 6-4
17. 20 de xullo de 1992 Toronto, Canadá Dura Ivan Lendl 3-6 6-2 6-0
18. 1 de febreiro de 1993 San Francisco, Estados Unidos Dura Brad Gilbert 6-2 6-7 6-2
19. 22 de febreiro de 1993 Scottsdale, Estados Unidos Dura Marcos Ondruska 6-2 3-6 6-3
20. 21 de febreiro de 1994 Scottsdale, Estados Unidos Dura Luiz Mattar 6-4 6-3
21. 25 de xullo de 1994 Toronto, Canadá Dura Jason Stoltenberg 6-4 6-4
22. 29 de agosto de 1994 Aberto de Estados Unidos Dura Michael Stich 6-1 7-6 7-5
23. 17 de outubro de 1994 Viena, Austria Moqueta Michael Stich 7-6 4-6 6-2 6-3
24. 31 de outubro de 1994 París, Francia Moqueta Marc Rosset 6-3 6-3 4-6 7-5
25. 16 de xaneiro de 1995 Aberto de Australia Dura Pete Sampras 4-6 6-1 7-6 6-4
26. 6 de febreiro de 1995 San José, Estados Unidos Dura Michael Chang 6-2 1-6 6-3
27. 13 de marzo de 1995 Miami, Estados Unidos Dura Pete Sampras 3-6 6-2 7-6
28. 17 de xullo de 1995 Wáshington, Estados Unidos Dura Stefan Edberg 6-4 2-6 7-5
29. 24 de xullo de 1995 Montreal, Canadá Dura Pete Sampras 3-6 6-2 6-3
30. 7 de agosto de 1995 Cincinnati, Estados Unidos Dura Michael Chang 7-5 6-2
31. 14 de agosto de 1995 New Haven, Estados Unidos Dura Richard Krajicek 3-6 7-6 6-3
32. 18 de marzo de 1996 Miami, Estados Unidos Dura Goran Ivanišević 3-0 40-0
33. 22 de xullo de 1996 Xogos de Atlanta, Estados Unidos Dura Sergi Bruguera 6-2 6-3 6-1
34. 5 de agosto de 1996 Cincinnati, Estados Unidos Dura Michael Chang 7-6 6-4
35. 9 de febreiro de 1998 San José, Estados Unidos Dura Pete Sampras 6-2 6-4
36. 2 de marzo de 1998 Scottsdale, Estados Unidos Dura Jason Stoltenberg 6-4 7-6
37. 20 de xullo de 1998 Wáshington, Estados Unidos Dura Scott Draper 6-2 6-0
38. 27 de xullo de 1998 Os Ánxeles, Estados Unidos Dura Tim Henman 6-4 6-4
39. 19 de outubro de 1998 Ostrava, Chequia Moqueta Jan Kroslak 6-2 3-6 6-3
40. 5 de abril de 1999 Hong Kong Dura Boris Becker 6-7 6-4 6-4
41. 24 de maio de 1999 Roland Garros, Francia Terra batida Andrei Medvedev 1-6 2-6 6-4 6-3 6-4
42. 16 de agosto de 1999 Wáshington, Estados Unidos Dura Evgueni Kafelnikov 7-6 6-1
43. 30 de agosto de 1999 Aberto de Estados Unidos Dura Todd Martin 6-4 6-7 6-7 6-3 6-2
44. 1 de novembro de 1999 París, Francia Moqueta Marat Safin 7-6 6-2 4-6 6-4
45. 17 de xaneiro de 2000 Aberto de Australia Dura Evgueni Kafelnikov 3-6 6-3 6-2 6-4
46. 15 de xaneiro de 2001 Aberto de Australia Dura Arnaud Clément 6-4 6-2 6-2
47. 12 de marzo de 2001 Indian Wells, Estados Unidos Dura Pete Sampras 7-6 7-5 6-1
48. 19 de marzo de 2001 Miami, Estados Unidos Dura Jan-Michael Gambill 7-6 6-1 6-0
49. 23 de xullo de 2001 Os Ánxeles, California, Estados Unidos Dura Pete Sampras 6-4 6-2
50. 4 de marzo de 2002 Scottsdale, Estados Unidos Dura Juan Balcells 6-2 7-6
51. 18 de marzo de 2002 Miami, Estados Unidos Dura Roger Federer 6-3 6-3 3-6 6-4
52. 6 de maio de 2002 Roma, Italia Terra batida Tommy Haas 6-3 6-3 6-0
53. 22 de xullo de 2002 Os Ánxeles, Estados Unidos Dura Jan-Michael Gambill 6-2 6-4
54. 14 de outubro de 2002 Madrid, España Dura Jiri Novak W/O
55. 13 de xaneiro de 2003 Abierto de Australia Dura Rainer Schuettler 6-2 6-2 6-1
56. 10 de febreiro de 2003 San José, Estados Unidos Dura Davide Sanguinetti 6-3 6-1
57. 17 de marzo de 2003 Miami, Estados Unidos Dura Carles Moyá 6-3 6-3
58. 21 de abril de 2003 Houston, Estados Unidos Terra batida Andy Roddick 3-6 6-3 6-4
59. 2 de agosto de 2004 Cincinnati, Estados Unidos Dura Lleyton Hewitt 6-3 3-6 6-2
60. 31 de xullo de 2005 Os Ánxeles, Estados Unidos Dura Gilles Muller 6-4 7-5

[editar] Títulos de dobres (1)

Data Torneo Superficie Parella Rivais na final Resultado
1. 16 de agosto de 1993 Cincinnati, EUA Dura Petr Korda Stefan Edberg / | Henrik Holm 7-6 6-4

[editar] Clasificación en torneos del Grand Slam

Torneo 2006 2005 2004 2003 2002 2001 2000 1999 1998 1997 1996 1995 1994 1993 1992 1991 1990
Aberto de Australia - QF SF W - W W 4r 4r - SF W - - - - -
Roland Garros - 1r 1r QF QF QF 2r W 1r - 2r QF 2r - SF F F
Wimbledon 3r - - 4r 2r SF SF F 2r - 1r SF 4r QF W QF -
Aberto de Estados Unidos F QF SF F QF 2r W 4r 4r SF F W 1r QF 1r F


Torneo 1989 1988 1987 1986 Acumulado
Aberto de Australia - - - - 4
Roland Garros 3r SF 2r - 1
Wimbledon - - 1r - 1
Aberto de Estados Unidos SF SF 1r 1r 2

[editar] Ligazóns externas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com