Aglomeración
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aglomeración é un termo usado en xeografía humana para indicar unha cidade que abrangue un centro de moita poboación, que habitualmente forma un concello, e un conxunto de suburbios ou cidades satélites. Debido ás diferentes definicións do que constitúe unha aglomeración en cada país ou da metoloxía xeográfica empregada resulta complexo comparar as diferentes aglomeracións. Un termo equivalente é área urbana.
Unha aglomeración diferénciase dunha área metropolitana en que está inclúe áreas periféricas non necesariamente urbanas e dunha conurbación en que neste caso son diferentes zonas de influencia dunha cidade conectadas con outras cidades con zonas de influencia nun continuo urbano.