Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Distribución do Abelleiro
O abelleiro (Merops apiaster) é un paxaro rubideiro da familia dos merópidos, insectívoro, as abellas son a súa principal fonte de alimentación.
Vive no sur de Europa, en partes do norte de África e o oeste de Asia. É un paxaro migratorio, o inverno pásao na África tropical ou no noroeste da India. Pode chegar aos 27 ou 29 cm. É un paxaro con cores ricas, a gorxa amarela, o peito verde e ás azuis e verdes. O seu hábitat é o campo aberto e entre árbores e matos esparexidos, nun clima cálido. Aliméntase de insectos voadores, en especial abellas, pero tamén avespas, cázaas no aire; antes de comer as abellas quítalles o aguillón golpeándoas contra o chan, pode comer arreodor de 250 abellas ao día.
Os abelleiros son gregarios, aniña en colonias nas ribeiras dos ríos, escavando buratos ou tobos, xeralmente ao comezo de maio. Tanto o macho como a femia coidan dos ovos.