Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Xuliano - Wikipedia

Xuliano

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Flavio Claudio Xuliano (331/332 - 26 de xuño de 363), emperador romano que gobernou desde 361 ata a súa morte. Alcumado polas fontes cristiás como Xuliano o Apóstata, pola súa suposta conversión ao paganismo.

Xuliano «o Apóstata»
Agrandado
Xuliano «o Apóstata»

Índice

[editar] A súa mocidade

Xuliano foi fillo de Xulio Constantino coa súa segunda esposa Basilina. Os seus avós paternos foron o emperador Constancio Cloro (que gobernou durante a tetrarquía) e a súa segunda esposa, Flavia Maximiana Teodora. O seu avó materno foi Caeionius Iulianus Camenius. O seu pai era tamén medio irmán do emperador Constantino I.

Sendo neno, Xuliano foi testemuña do asasinato da súa familia polo seu curmán e emperador cristián Constancio II en 337. Isto, como el mesmo afirmou, deu inicio á súa desconfianza cara ao cristianismo. O seu medio irmán Galo e el foron levados aos dominios imperiais de Macelum.

[editar] O ascenso ao poder

solido de Xuliano
Agrandado
solido de Xuliano

Despois de que o seu irmán Constancio Galo fose feito emperador no leste (ano 351), e executado ao seguinte ano por Constancio II, Xuliano foi chamado a presenza do emperador en Mediolanum (Milán). En 355 foi feito César da parte occidental do Imperio e casado coa irmá de Constancio, Helena. Nos seguintes anos loitou contra as tribos xermánicas que trataban de introducirse no imperio. Nesta loita recuperou Colonia Agripina (a actual cidade de Colonia) en 356, derrotando aos alamáns en Argentoratum (batalla de Estrasburgo) e asegurando a fronteira do Rin por outros cincuenta anos. En 360, Constancio ordenoulle transferir ás súas tropas galas ao exército do leste, o que provocou unha insurrección que fixo que as súas tropas o proclamasen emperador, e que conduciu a unha rápida campaña para asegurar ou gañar alianzas. Só puido evitarse a guerra civil pola morte de Constancio II, quen antes recoñecería no seu testamento a Xuliano como o seu lexítimo sucesor.

[editar] Xuliano e a relixión

Gravado de 1885 que representa ao emperador Xuliano
Agrandado
Gravado de 1885 que representa ao emperador Xuliano

Os cristiáns coñecen a Xuliano como «O Apóstata», porque existe a crenza de que se converteu desde o cristianismo ao paganismo. El mesmo testemuña en cartas privadas co mestre de retórica Libanio, que o cristianismo lle foi imposto desde neno, pero que el nunca aceptara realmente ningunha relixión ata a súa lectura dos poemas de Homero, que son algúns dos textos máis importantes para a relixión dos gregos. Trala súa conversión ao helenismo, dedicou a súa vida a protexer e restaurar a fama e a seguridade das antigas tradicións, así como doutras tradicións relixiosas como o xudaísmo da persecución por parte dos cristiáns.

Xuliano terminou coa persecución cara aos pagáns e coa destrución dos templos que se iniciou coa aceptación por parte do emperador Constantino I das teses do cristianismo niceno. Durante os seus primeiros anos, mentres estudaba en Atenas, coñeceu a dous homes que logo se converterían en bispos e santos: Gregorio Nazario e Basilio o Grande. Malia que Constantino legalizara o cristianismo, esta relixión non foi declarada relixión oficial do estado ata que Teodosio I o faga en 380 en virtude do Edicto de Tesalónica. Constantino e o seu inmediato sucesor prohibiran a conservación dos templos pagáns, e moitos destes templos foron destruídos e os seus fieis asasinados durante o reinado destes dous primeiros emperadores cristiáns. Non se sabe de certo o grado de implicación que estes emperadores tiveron nesta persecución dos pagáns, aínda que se pode asegurar que non a impediron.

As conviccións relixiosas de Xuliano son motivo de considerábeis disputas. Xuliano non chegou a practicar o paganismo propio dos primeiros anos do imperio, senón unha especie de aproximación esotérica á filosofía clásica identificada por algúns como Teúrxia ou Neoplatonismo. Calquera que fosen as súas prácticas privadas, non eran de orixe cristiá. De acordo coa Escolástica de Sócrates, Xuliano crese a si mesmo Alexandre Magno, reencarnado noutro corpo por vía da transmigración de almas, como propoñían Platón e Pitágoras (Libro III, Capítulo XXI dos seus escritos).

Moitas das accións de Xuliano trataban de acosar e minar a capacidade dos cristiáns para organizarse nunha resistencia contra o restablecemento das crenzas pagás no imperio. As preferencias de Xuliano por un punto de vista non cristián e non filosófico da Teúrxia pareceu convencelo acerca de poñer fóra da lei a práctica do punto de vista cristián da Teúrxia, así como ordenar a supresión do conxunto cristián de Misterios.

As igrexas ortodoxa e católica contan unha historia sobre os seus gardacostas cristiáns: cando Xuliano chegou a Antioquía, deu ordes de esparexer sangue procedente da adoración dos ídolos por toda a comida do mercado así como nos depósitos de auga. Isto faría que os cristiáns da cidade non puidesen comer nin beber sen violar as súas crenzas. Ambos gardacostas opuxéronse a esta orde, polo que foron executados por orde de Xuliano. A Igrexa Ortodoxa recórdaos como os santos Xuventino e Máximo.

Nas escolas, un edicto de Xuliano prohibía aos mestres cristiáns usar os escritos pagáns, por exemplo, a Ilíada, que eran o núcleo da educación romana. Isto foi un intento de disolver parte do poder das escolas cristiás mediante a discriminación dos seus estudantes da sociedade romana, sen mencionar a situación satírica do que Xuliano podería ver como un acto de hipocrisía: as escolas cristiás ensinando a Biblia como única fonte de coñecemento mentres de forma simultánea ensinaba tamén os textos clásicos pagáns, o coñecemento dos cales era necesario para o éxito na sociedade romana.

No seu edicto de tolerancia de 362, Xuliano decretou a reapertura dos templos pagáns, a restitución das propiedades alienadas a estes, e reclamou de volta aos bispos cristiáns que foran exiliados polos edictos da igrexa. Isto último foi unha forma de aceptar os diferentes puntos de vista relixiosos, aínda que tamén podería ser un intento de Xuliano de abrir un cisma entre as diferentes seitas cristiás, debilitando o movemento cristián no seu conxunto.

Gravado do templo de Salomón, tal como era antes da súa destrución por Tito.
Agrandado
Gravado do templo de Salomón, tal como era antes da súa destrución por Tito.
O «Muro das Lamentacións», únicos restos do que fora o templo de Salomón.
Agrandado
O «Muro das Lamentacións», únicos restos do que fora o templo de Salomón.

Trala súa chegada a Antioquía en preparación da guerra contra Persia, e dado que o templo de Apolo sufrira un incendio, Xuliano creu aos cristiáns responsábeis, polo que lles pechou a súa igrexa principal.

En 363, Xuliano dirixiuse cara a Persia, deténdose nas ruínas do templo de Salomón en Xerusalén. Mantendo a súa política de fortalecemento doutras relixións non cristiás, Xuliano ordenou a reconstrución do templo. Un dos seus amigos persoais, Amiano Marcelino, escribiu sobre este particular:

Xuliano pretende reconstruír a un prezo extravagante o que unha vez fora orgulloso templo de Xerusalén, encargando esta tarefa a Alipio de Antioquía. Alipio púxose niso con vigor, axudado polo gobernador da provincia; entón unhas temíbeis bólas de lume estalaron preto das obras, e tras continuados ataques, os obreiros abandonaron e non volveron achegarse ás obras.

O fracaso en reconstruír o templo foi atribuído a un terremoto, moi comúns na rexión, e á ambivalencia dos xudeus sobre o proxecto. Especúlase tamén coa posibilidade dun sabotaxe, así como dun lume accidental. Para os historiadores da igrexa da época o fracaso debeuse á intervención divina.

[editar] A morte de Xuliano

En 362, Xuliano iniciou a súa campaña contra os persas, saíndo de Constantinopla. Xuliano foi enganado por un desertor persa, que guiou ao seu exército dentro do deserto e, tras descubrir o engano, Xuliano intentou levar ás súas forzas en retirada á seguridade das fronteiras romanas. Durante esta retirada, o 26 de xuño de 363, Xuliano morreu nunha batalla vitoriosa aínda que sen consecuencias militares: a batalla de Ctesifonte. Estaba tan confiado na súa vitoria (ou simplemente foi tan descoidado), que nin sequera levaba armadura, recibindo unha ferida mortal por unha frecha ou lanza. Libanio escribiu que Xuliano foi asasinado por un soldado cristián do seu propio exército, aínda que esta acusación non foi corroborada por Amiano Marcelino nin por ningún outro historiador contemporáneo. Xuliano foi sucedido por Xoviano, un emperador cristián de curta vida.

[editar] Repercusións literarias

Considérase que a versión de que as súas últimas palabras fosen «Vicisti Galilæ» (venciches, Galileo) é de orixe apócrifa. Segundo Gore Vidal, o invento pertence ao apoloxista cristián Teodoreto, quen o escribiu un século logo da morte de Xuliano. A frase inicia o poema de 1866 Himno a Proserpina, de Algernon Swinburne, onde o poeta inglés se lamenta do triunfo do cristianismo por cuxa culpa "o mundo volveuse gris". A vida de Xuliano inspirou tamén a obra O Emperador e o Galileo, de Henrik Ibsen, así como as novelas históricas Xuliano, de Gore Vidal (1964), Deuses e Lexións, de Michael Curtis Ford (2002) e O Último Pagán de Adrian Murdoch (2004).

[editar] Ver tamén

  • Paganismo
  • Gore Vidal

[editar] Ligazóns externas

  • Imperiobizantino.com - Xuliano o Apóstata, biografía por Leonardo Fuentes
  • Persecución Cronoloxía resumida das persecucións que os cristiáns inflixiron aos pagáns, por Vlasis Rassias
  • ODISEO: RUMBO AL PASADO - Comentarios sobre la obra Juliano el Apóstata, de Gore Vidal, por Alberto Jesús Quiroga Puertas (Departamento de Filología Griega. Universidad de Granada)

[editar] Bibliografía relacionada

[editar] Obra propia

  • Discursos I-V. Biblioteca clásica, nº17. Ed. Gredos. ISBN 8424935217
  • Discursos VI-XIII. Biblioteca clásica, nº45. Ed. Gredos. ISBN 8424901509
  • Contra los galileos. Cartas y fragmentos. Testimonios. Leyes. Biblioteca clásica, nº47. Ed. Gredos. ISBN 8424902440

[editar] Obras sobre a figura de Xuliano

  • Juliano el Apóstata. Gore Vidal. Ed. Edhasa. ISBN 8435005100
  • Dioses y legiones. Michael Curtis Ford. Nuevas Ediciones de Bolsillo. ISBN 8497936906
  • El paganismo tardío y Juliano el Apóstata. Rosa Sanz Serrano. Ed. Akal. ISBN 8476006993
  • Liceus.com (pdf) - Juliano el Apóstata. Traxedia en doce escenas, por Santiago Sevilla
  • "Monólogo decimoquinto: Habla Juliano" en Criaturas del aire. Fernando Savater. Ed. Taurus. ISBN 9788430605309
  • "Venciste Galileo": historia del emperador Juliano el Apóstata. Louis de Wohl. Ed. Palabra ISBN 9788482391359


Imperio Romano

Segue a:
Constancio II
Xuliano
(361-363)

Precede a:
Xoviano
dinastía Constantiniana
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com