Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Xogo do pau - Wikipedia

Xogo do pau

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O xogo do pau (en portugués jogo do pau) é un tipo de combate tradicional português, unha arte marcial.

Exhibición de xogo do pau na rúa
Agrandado
Exhibición de xogo do pau na rúa

En moitas sociedades a espada desenvolveuse como unha arma á que lle atribuían un carácter sagrado, de xeito que só podían levala e empregala os nobres guerreiros. Ao pobo prohibíaselle ou pexábaselle usar dela, polo que tiña que desenvolver métodos de combate alternativos, ás mans ou con ferramentas e trebellos das angueiras diarias. Quen estea familiarizado coa historia do xurdimento do karate (que significa ás mans en xaponés) en Oquinava, sabe que se desenvolveu en paralelo o kobudo, que inclúe técnicas de uso de fouces, paus ou mallos. Era este arsenal o que podían usar os labregos ou os mariñeiros para rexeitaren os ataques dos samurais, que viñan armados con catanas e outros artefactos bélicos. Tamén en Portugal apareceu un sistema de loita tradicional que empregaba os caxatos que usaban os labregos e os pastores, e que se coñeceu por jogo do pau, se ben aquí o termo se refire non tanto a brincadeira como ao manexo ou á técnica.

Ben entrado o século XX eran frecuentes por Portugal enteiro, e especialmente no norte do país, os combates de pau nas feiras e romarías. Ás veces estaban implicadas nestas liortas aldeas enteiras, noutras os combates eran individuais, ou dun contra varios. Era o tempo dos puxadores (nome que lles daban aos loitadores do norte) e dos varredores de feiras (combatentees de sona que acudían ás feiras e romarías para desafiaren outros e probar o seu valor a través da vitoria contra todos).

Un loitador, Mestre Monteiro, orixinario da rexión de Fafe, conta que na mocidade do pai había dúas poboacións que ían aos domingos á mesma capela, levando os homes e os mozos cadansúa vara, de xeito que cando se axeonllaban na misa se vían todos os paus en saíndo dereitos por riba das cabezas. Despois da cerimonia era frecuente, nunha eira de alí preto, pelexas entre os rapaces das dúas aldeas, que comezaban por calquera pequena razón (un piropo a unha rapaza do outro lugar, os ciúmes dun namorado, unha discusión polo paso dun regato... e que se resolvían a paus. Con todo, o combate posuía as súas regras. Había un código ético, que prohibía os loitadores bateren en home que non tivese pau, ou que estivese no chan.

Tamén na literatura podemos atopar historias sobre o xogo do pau, nomeadamente en autores como Aquilino Ribeiro e Miguel Torga.

A partir dos anos 30 o xogo do pau comezou a perder importancia. Os motivos son varios: a acción das autoridades policiais, que para evitar loitas sangrentas prohibiron o uso dos paus dentro dos recintos das feiras; a emigración de moitos homens para a cidade ou para o estranxeiro; ou a xeneralización do uso de armas de fogo, que fixo innecesaria a aprendizaxe lenta e difícil desta técnica de defensa persoal.

Bandeira da escola do Ateneu
Agrandado
Bandeira da escola do Ateneu

En Lisboa, praticábase principalmente a partir do século XIX, un estilo propio, nacido nos quintais da capital e en clubes como o Ateneu Comercial de Lisboa ou o Real Ginásio, que despois acabou sendo o Ginásio Clube Português, onde aínda hoxe se aprende esta arte. Xorden dúas grandes escolas, diferenciadas tecnicamente e con base en factores histórico-sociais: a Escola do Norte e a Escola de Lisboa (tamén practicada no Ribatejo e na Estremadura portuguesa). Esta última desenvolveu unha serie de innovacións técnicas e pasou a darlle menos importancia ao combate contra varios adversarios.

Ao longo da historia do xogo do pau foron moitos os mestres que deixaron a súa sona polas diferentes rexións de Portugal: mestre António Nunes Caçador, mestre Frederico Hopffer, mestre Júlio Hopffer, mestre Joaquim Baú, mestres Calado Campos, pai e fillo, mestre Chula, mestre Custódio Neves, mestre Pedro Ferreira, mestre Elias Gameiro, mestre Nuno Russo, mestre Manuel Monteiro, e unha longa recua. O nome de Mestre Pedro Ferreira (26 de marzo de 191524 de setembro de 1996) destaca polo seu extraordinario desenvolvemento técnico, combinando as Escolas do Norte e de Lisboa, que ben coñecía as dúas. Foron discípulos seus moitos dos actuais mestres en activo. Xogou o pau durante toda a vida, con grande habelencia e calidade. Era o mestre do Ateneu Comercial de Lisboa, se ben nos últimos anos lle pasou a responsabilidade ao mestre Manuel Monteiro, o seu sucesor.

Mestre Monteiro e alumnos
Agrandado
Mestre Monteiro e alumnos

O xogo do pau comezou un proceso de organización a nivel nacional coa fundación, en 1977, baixo o impulso de Pedro Ferreira, da Associação Portuguesa de Jogo do Pau. As distintas escolas e clubes están hoxe organizadas nunha estrutura de representación, a Federación Portuguesa de Xogo do Pau. Como proba das vantaxes técnicas do sistema portugués, pódese sinalar que nos campionatos abertos de loitas con pau, que tiveron lugar en Francia na década de 1980, coa presenza de sistemas de combate do Xapón, Vietnam, Francia e outros países, os combatentes portugueses foron campións absolutos.

[editar] Ligazóns externas

Vídeos con demostracións do xogo:

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com