Xigante vermella
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha xigante vermella é unha estrela de grande tamaño que pode chegar a alcanzar un tamaño de millóns de veces o do Sol. Emite luz vermella, debido á súa menor temperatura superficial (3000ºC-4000ºC).
As xigantes vermellas son o preludio da fase final da evolución das estrelas. Orixínanse cando unha estrela agota todo o hidróxeno do seu núcleo e comeza a fusionar helio e outros materiais máis pesados ó contraerse o núcleo. Durante a súa fase de xigante vermella as estrelas son inestables, con contraccións e expansións até que expulsan as súas capas exteriores, as de maior tamaño de forma catastrófica nas xigantescas explosións chamadas supernovas.