Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Sufixo - Wikipedia

Sufixo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Denomínase sufixo ao morfema derivativo das linguas ou afixo que se engade despois do lexema, raíz ou tema dunha palabra e antes dos morfemas constitutivos para engadirlle a este unha información suplementaria. A palabra nova así formada denomínase palabra derivada, e ao mecanismo polo cal faise derivación.

Índice

[editar] Características dos sufixos

Os sufixos en galego posúen tres características:

1.ª Son tónicos: cargan co acento da palabra: Azucre / azucreiro.

2.ª Poden cambiar o rango gramatical dunha palabra: am-ou (verbo), am-or (substantivo), am-able (adxectivo), amable-mente (adverbio)

3.ª Poden cambiar o xénero dun substantivo: A casa / O cas-ón. A cabra / O cabrón

[editar] Clases de sufixos

Existen varias clases de sufixos segundo deferentes criterios. Por exemplo, se nos atemos á categoría gramatical que fornece ao lexema, hai sufixos que son nominalizantes porque forman substantivos (-anza, -encia, -ción, -zón etc...); adxectivizantes porque crean adxectivos (-il, -oso, -ble etc...) verbalizantes porque crean verbos (-ear, -izar, -ificar) e adverbializadores porque crean adverbios (-mente).

[editar] Sufixos alterativos

Varían a significación sen mudar a categoría gramatical. Podemos dividilos en tres subtipos: diminutivos, aumentativos e despectivos.

Os diminutivos e aumentativos permiten falar dunha certa gradación dos substantivos, mais soen transmitir tamén valores afectivos, pexorativos, intensificativos,...

O sufixo máis común en galego é -IÑO, -IÑA, pois pode empregarse con tódolos substantivos, conforme ás seguintes regras:

  • Substantivos rematados en vogal átona: moza>mociña, navalla>navalliña.
  • Substantivos rematados en vogal tónica: pe>peíño, papa>papaíño.
  • Os rematados en ditongo crecente -io, -ia: croio>croíño, xoia>xoíña, raia>raíña.
  • Os rematados en ditongo decrecente ou -n: pau>pauciño, man>manciña, irmán>irmanciño, nai>naiciña, rei>reiciño, can>canciño. Os substantivos femininos do tipo de irmá fan o diminutivo partindo do masculino: irmá>irmanciña, mañá>mañanciña, la>lanciña, ra>ranciña...
  • Os rematados en consoante distinta de -n: rapaz>rapaciño, luz>luciña, muller>mulleriña.

O resto dos diminutivos teñen menor rendemento e empréganse cun número limitado de substantivos.

[editar] Listado de sufixos alterativos

  • ico/a: fachico
  • echo: cornecho, fendecha
  • oupo/a: casoupa
  • uxo/a: cabuxa
  • uco: fachuco, mulleruca
  • acho/a: riacho, fiacho, coiracho
  • ancho: ferrancho
  • astro/a: palastro
  • olo/a: rapazolo, pernolas
  • elo/a: soutelo, fontela
  • ete/a: mocete, rapaceta
  • exo/a: lugarexo
  • azo/a: homazo
  • on/a, oa: cabalón, mullerona, mulleroa

[editar] Sufixos derivativos

Ademais de variar a base semántica de substantivo poden cambiar a palabra de categoría gramatical: alumnado, milladoiro, verdadeiro.

Son moi ricos en matices significativos; entre eles podemos citar:

  • ado: profesorado
  • eira: taberneira
  • al: cultural
  • ego: chairego
  • ada: niñada
  • doiro: obradoiro

Estes sufixos poden estar especializados en diversas significacións; sufixos colectivos como -eda ou -edo; que indican potencialidade, como -ble ou "que está cheo de", como -oso.

Outras linguas
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com