Sociolecto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Linguaxe empregada por determinados grupos sociais (estudantado, delicuentes,...). Caracteríxase por funcionar como marca autoidentificadora do propio grupo, ata o punto de poder ser esotérica (empregada para non ser entendida), é dicir, ter finalidade críptica (coincidindo cas xergas).
Distínguense das xergas en que o seu vocabulario é o mesmo có da lingua común, aínda que alterado por procedementos como:
- a deformación do termo orixinal
- a atribución de novos sigrdicados a significantes existentes (Chocolate, tío, madeiro, tronco),
- empréstimos doutras linguas (birra).
Moitos dos termos acaban por ser coñecidos -e mesmo admitidos- na lingua común, polo que aparece un noco termo para non restaurar a finalidade identificadora ou críptica.