Saruman
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Saruman é unha das persoaxes do universo de J.R.R. Tolkien na súa saga O Señor dos Aneis. Saruman o Branco (tamén chamado Curunír Lán en Sindarin, o que significa “home hábil, capaz”) foi o máis importante membro da orde dos Magos (ou Istari) e chegou á Terra Media como Emisario dos Valar na Terceira Idade. Foi o líder do Concilio Branco, concilio dos grandes Sabios da Terceira Idade que se uniron para facerlle frente a Sauron.
Na triloxía de películas de Peter Jackson sobre O Señor dos Aneis foi interpretado polo actor británico Christopher Lee.