Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Santa Compaña - Wikipedia

Santa Compaña

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A Santa Compaña é unha das lendas da mitoloxía popular galega máis arraigada no medio rural. Tradicionalmente descrita como unha procesión de mortos ou ánimas en pena que pola noite percorre os camiños dunha parroquia portando cirios ou velas, sendo o cheiro a cera o principal sinal de que a Santa Compaña anda preto.

A procesión adoita ir encabezada por un vivo, o cal porta unha cruz e un caldeiro de auga bendita. Di a lenda que esta persoa permanece condenada a vagar coa procesión ata cruzarse no camiño doutro vivo o cal pasará a sustituilo ó facerlle entrega do caldeiro e a cruz.

Etimoloxía: do latín "sanctam cum pania" ('santa compaña', ainda que unha tradución máis literal sería, "que comen do mesmo pan").


A súa misión é visitar todas aquelas casas nas que axiña haberá un pasamento.

Índice

[editar] Descrición

A procesión vai encabezada por un vivo portando unha cruz e mais un caldeiro de auga bendita seguido polas ánimas con velas acesas, non sempre visíbeis, notándose a súa presenza no cheiro á cera e no vento que ergue ao seu paso.

Esta persoa viva que precede a procesión pode ser home ou muller, dependendo de se o padrón da parroquia é santo ou santa.

O portador da cruz non pode en nengún momento volve-la cabeza nen renunciar aos seus cargos precedendo a Santa Compaña. Só ficará ceibo cando atope a outra persoa a quen lle entregar a cruz e mailo caldeiro.

Para safar desta obriga de reemprazo, a persoa que vexa pasa-la Santa Compaña debe trazar un circo no chan e entrar nel ou ben deitarse boca abaixo.


[editar] Versións

Aínda que todas as versións coinciden en considerar a Santa Compaña como unha anunciadora da morte, hai diferentes versións.

Aínda que na maioría das historias a Santa Compaña realiza a súas aparicións de noite, hai tamén casos citados nos que se fala de saídas diúrnas.

J. Cuveiro Piñol, no seu Diccionario Gallego (1876) escrebe:Compaña: entre o vulgo, creída hoste ou procesión de bruxas que andan de noite alumeadas con osos de mortos, chamando ás portas para que as acompañen, aos que desexan que morran axiña...

[editar] Outros nomes coa que se coñece

Coñécese cos nomes de:

  • Procesión das ánimas: aplicado especialmente no sur de Galicia, sobre todo en Ourense.
  • Santa Compaña: aplicado maioritariamente no norte de Galicia.
  • Hoste: aplicado nalgures ao forma-la comitiva unha especie de hoste.
  • Estatinga ou estadinga: considerada unha derivación de «hostia antiga» o «Inimigo antigo».
  • Estadea: derivación probable de «estadal», a vela usada para iluminar aos difuntos.
  • Pantaruxada: nome infrecuente.
  • Pantalla: en opinión de Vicente Risco, fusión dos términos «Pantasma» e «Espantallo».
  • Visión: «aparición».
  • Visita: en clara referencia á intencionalidade da aparición.

[editar] Procesión das Xás

Existe dentro das crenzas galegas outra procesión moi semellante á Santa Compaña pero que se diferenza desta en que non son pantasmas de mortos os que van nela, senón pantasmas de individuos vivos. Leva o nome de "procesión das Xás ou das Xans".

Outras linguas
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com