Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Naranjo de Bulnes - Wikipedia

Naranjo de Bulnes

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Pico Urriellu dende o Collado Vallejo (setembro de 2003)
Agrandado
Pico Urriellu dende o Collado Vallejo (setembro de 2003)

Naranjo de Bulnes (asturiano: Picu Urriellu) Pico calcáreo de orixe paleozoica situado no Macizo Central dos Picos de Europa. Entre os habitantes da zona é coñecido como “Picu Urriellu”, denominación derivada do nome do Macizo Central como “Los Urrieles”. Administrativamente o Naranjo de Bulnes atópase situado no concello asturiano de Cabrales e dentro do Parque Nacional dos Picos de Europa.

La cara oeste del Naranjo de Bulnes desde la Vega de Urriellu (septiembre de 2003)
Agrandado
La cara oeste del Naranjo de Bulnes desde la Vega de Urriellu (septiembre de 2003)

A primeira referencia escrita ao “Picu Urriellu” como “Naranjo de Bulnes” débese ao enxeñeiro e xeólogo alemán Guillermo Schulz Schweizer que en 1855 editou o primeiro mapa topográfico e xeolóxico de Asturias. Así a todo, a orixe desta denominación non está clara, xa cos habitantes da zona historicamente sempre se refiriron ao Naranjo como “Picu Urriellu”. Tal vez sexa debido á cor alaranxada da pedra calcaria da que está formado.

Ten unha altitude de 2518 metros e aínda que non se trata do pico máis alto do Cordal Cantábrico, pode ser considerado como un dos seus curutos máis coñecidos, así como un dos cumios emblemáticos do alpinismo español. Especialmente polos 550 metros de parede vertical da súa cara oeste. Na súa base atópase a Vega de Urriellu, un val de orixe glaciar cuaternario.

[editar] Escaladas históricas

A primeira escalada levouse a cabo pola súa cara norte (pola coñecida actualmente como Vía Pidal) o 5 de agosto de 1904 por Pedro Pidal e Bernaldo de Quirós, Marqués de Villaviciosa de Asturias acompañado polo pastor Gregorio Pérez “El Cainejo”, natural do pobo de Caín (León).

O doutor en xeoloxía e experimentado alpinista alemán Gustav Schulze levou a cabo a segunda ascensión ao Naranjo el 1 de octubre de 1906 tamén pola cara norte. Sendo esta a primeira ascensión en solitario do pico. Foi tamén o primeiro en empregar chavellas para descender en rápel pola cara sur. Habituado ás longas paredes dos Alpes e Dolomitas calificou esta escalada como corta e difícil.

Pola mesma cara e ruta de Pidal ascendeŭ o 31 de agosto de 1916 Víctor Martínez Campillo natural do cercano pobo de Bulnes. Nesta escalada Víctor recolleu parte da corda que Pedro e Gregorio deixaran encaixada na roca no seu descenso do cume. O 22 de setembro de 1923 Víctor repite a mesma ascensión.

O 19 de agosto de 1924 tamén Víctor Martínez Campillo abre unha nova ruta máis sinxela e situada á esquerda da cara Sur conecida como Vía Víctor.

O 8 de agosto de 1928 Manuel Martínez Campillo (primo de Víctor) abre unha nova vía coñecida coma do Paso Horizontal. Esta vía estaba situada á dereita da cara sur e pasa a ser unha das máis utilizadas.

O 13 de agosto de 1944 dous fillos de Víctor Martínez (Alfonso y Juan) abren na cara sur a que é coñecida como “Vía Sur” ou “Directa de los Martínez” unha das máis utilizadas e seguras.

O 23 de marzo de 1954 Antonio Moreno, Rafael Pellús, Máximo Serna e Agustín Faus do Grupo de Alta Montaña de Peñalara intentan a primeira escalada invernal. O intento queda frustrado pola ameaza de avalanchas de neve.

O 8 de marzo de 1956 Angel Landa del Grupo Alpino Turista de Baracaldo e Pedro Udaondo, do Grupo de Montaña Juventus de Bilbao consiguen coronar o pico por primeira vez en condicións invernais.

O 21 de agosto de 1962 oos alpinistas aragoneses Alberto Rabadá e Ernesto Navarro ascenden ao Pico por primeira vez a través da difícil cara Oeste.

[editar] Cómo chegar á base

Existen moitas formas de alcanzar a zona da Vega de Urriellu. Quizais a máis sinxela consiste en deixar o coche no pobo de Sotres. Desde aí camiñando por la pista existente hai que dirixirse aos invernais de Cabao, despois crúzase o río Duje e dende alí ascéndese ata o outeiro de Pandébano onde finaliza a pista e comeza o sendeiro. Unha vez no sendeiro hai que dirixirse ao curro da Terenosa (onde se atopa o refuxio do mesmo nome). Dende esta zona acdamos o outeiro Vallejo onde a ruta vira ao sur e dende xa se pode divisar o “Picu Urriellu”. A partir de alí a ruta ascende serpeando ata a Vega de Urriellu onde está situado o refuxio do mesmo nome a 1960 metros de altitude.

O outeiro de Pandébano tamén se pode alcanzar dende o pobo de Bulnes, dende alí só se pode acceder mediante funicular ou sendeiro. Aínda que a maneira máis directa de chegar á Vega de Urriellu dende Bulnes sexa a través do canal de Balcosín e o curro de Camburero, no entanto esta senda é de maior dificultade.

[editar] Enlaces externos

Outras linguas
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com