Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Mosteiro de Samos - Wikipedia

Mosteiro de Samos

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Mosteiro de San Xulián de Samos
Agrandado
Mosteiro de San Xulián de Samos
Claustro do mosteiro
Agrandado
Claustro do mosteiro
Mosteiro de San Xulián de Samos
Agrandado
Mosteiro de San Xulián de Samos

O mosteiro de San Xulián de Samos, fundando no VI, pertence á orde dos beneditinos e está no concello do mesmo nome.

A fundación atribúeselle a San Martiño Dumiense. Sábese que foi renovado por San Frutuoso no século VII, mais o primeiro escrito que o menciona é do ano 665: unha inscrición nos muros do claustro da portaría que di que foi reconstruído polo bispo de Lugo Ermefredo. Despois desta restauración foi abandonado coa invasión musulmana, até a reconquista do rei Fruela I das Asturias (arredor do 760). Cando, anos máis tarde, este foi asasinado, atoparon refuxio nel a súa viúva e o seu fillo, o futuro Afonso II, o Casto. Gañou con isto a protección real, comezando polas propiedades en media milla á redonda, que propiciaría o seu crecimento. A comezos do século X, o bispo de Lugo, don Ero, tentou facerse co seu control e expulsou aos monxes. No mesmo século foi reocupado a instancias do rei Ordoño II e desde 960 a comunidade viviu baixo a regra de San Bieito, ainda que no século XII sumouse á reforma cluniacense co bispo don Xoán. O mosteiro de Samos desfrutou de grande importancia durante a Idade Media, o que se reflexa en que posuía duascentas vilas e quiñentos lugares. En 1558, incorporado xa a San Benito El Real de Valladolid, sufriu un incendio que obrigou á súa total reedificacion. A comunidade foi exclaustrada en 1835, ainda que os monxes beneditinos regresaron en 1880. Sufriu outro incendio en 1951, tras o que foi reconstruído.

Atópanse tres estilos arquitectónicos, o gótico tardío, o renacentista e o barroco. Conta con dous claustros. O Claustro Grande foi construído entre 1685 e 1689 e ten 3.000m2 (54m. de lado), polo que é o maior de España. Coñécese como "do padre Feijoo", por ter tomado este o hábito beneditino neste mosteiro en 1690, e está presidido por unha estatua súa, obra de Asorey. O estilo é unha combinación austera e sinxela de clasicismo e herrerianismo: nove arcos de medio punto por cada lado na planta baixa, columnas dóricas nas dúas primeiras plantas e xónicas nos ventanais da terceira. Os muros do piso superior foron decorados con cenas da vida de San Bieito e son obra de Enrique Navarro, Celia Cortés e Xosé Luís Rodríguez.

O Claustro Pequeno ou "das Nereidas", foi construído entre 1539 e 1582 polo monfortino Pedro Rodríguez, cuxo nome aparece nunha das claves da banda sudoeste. Imita o estilo gótico e conta con curiosos motivos de decoración, como a inscrición humorosa "¿Qué miras, bobo?" nunha clave. O centro do claustro ocúpao da fonte barroca das Nereidas, de comezos do XVIII.

A igrexa, barroca, foi construída entre 1734 e 1748. Ten planta de cruz latina e tres naves. O interior é luminoso e solemne. A bóveda está iluminada por oito óculos e as pinturas dos catro doutores marianos beneditinos (Anselmo, Bernardo, Ildefonso e Ruperto. O retábulo maior tamén é clasicista e ten unha imaxe do patrón do mosteiro, San Xulián, obra de Xosé Ferreiro. A fachada, barroca, vai precedida dunha escalinata en forma de lazo que recorda á do Obradoiro. Está dividida en dous corpos, cunha portea flanqueada por catro columnas de orde dórica sobre pedestais, que se repiten no corpo superior flanqueando o óculo. A sancristía, de finais do XVIII, consiste nunha bóveda de planta octogonal apoiada en arcos de medio punto. A biblioteca, de 31 m. de longo, conta cun fondo de 25.000 volumes.

O mosteiro foi colexio de Teoloxía e Filosofía e é parada importante do Camiño de Santiago, xa que conta cunha hospedaría.

Commons
Commons ten máis imaxes sobre:
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com