Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Massive Attack - Wikipedia

Massive Attack

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Massive Attack é un grupo de música electrónica de Bristol, Inglaterra. Actualmente está composto por dous integrantes: 3D e Daddy G'.

Índice

[editar] Historia

Massive Attack comezou a mediados dos anos oitenta coma un colectivo cultural de DJ e músicos urbáns chamando The Wild Bunch con sede nun gueto xamaicano. Debido á mistura de culturas e sons, este colectivo empregaba xéneros tan diferentes coma jazz, soul, rock, hip-hop e reggae e botaban mán do cine, fotografía e arte urbán. Aquela libertade de composición convertiríase nun selo da banda non anos vindeiros.

En 1988 sacaron o seu primeiro LP, Any Love, e en 1991 firmaron o seu primeiro contrato coa discográfica independente Circa. Pouco despois sacaron o seu primeiro album de estudio, Blue Lines, que acadaría un éxito inmediato nas listas británicas e que actualmente figura entre un dos discos máis influintes da década dos noventa. Unfinished Sympathy sería o LP de presentación do traballo que interrumpía dunha maneira fresca e independente no mercado discográfico e a prensa apresurouse a emprega-lo termo trip-hop para describir o seu estilo; termo que ós integrantes non lles gusta demasiado. Amais de misturar multitude de sons e ritmos outra das innovacións da banda foi contar con diferentes colaboracións polo que tódalas composicións eran cantadas e arranxadas por diferentes artistas do movemento de Bristol coma Shara Nelson, Tricky e Horace Andy.

Sen Shara Nelson e con novas incorporacións, sae á luz Protection no 1994, diferenciándose do álbum anterior por un son máis minimalista e puro. Contaron coa colaboración especial de Tracy Horn do grupo de música electrónica Everything But the Girl para o LP de saída, Protection. Un ano máis tarde editarían unha remezcla de Protection chamada Non Protection.

En 1998 voltaron ó estudio para grabar o seu terceiro traballo, Mezzanine. Distínguese por se-lo traballo máis sombrío e intimista do grupo, engadindo guitarras eléctricas e distorsións tomando unha dirección cara o rock. A Andrew Vowles, máis inspirado no soul e o hip-hop, non lle satisfizo o son do novo traballo e decidiu deixa-la banda. Foi reemprazado rápidamente por Neil Davidge, un colaborador habitual da banda.

A influenza de Davigne foi determinante no toque final de 100th Window, cuarto traballo de estudio do grupo, que entrou na súa primeira semana de debut entre os top-10 das listas inglesas. Seguindo o camiño marcado por Mezzanine, neste album coindanse os arranxos electrónicos en detrimento dunha maior innovación musical. Entre as súas colaboracións habituais súmase á da cantante irlandensa Sinead O'Connor. Non acadando o éxito dos anteriores, os membros comezan a pranificar carreiras en solitario.

Sen Marshall, Del Naja e Davigne compoñen a banda sonora da película de Luc Besson Danny the Dog, baseada en sons clásicos e new-wave. As vinte cancións son estrictamente instrumentais.

En 2006 os tres integrantes volveronse reunir para sacar Weather Underground malia que unha vez que saia á luz cada un tome camiños diferentes para sacar novos proxectos en solitario. Mentres tanto, os seguidores poden contar cun disco de grandes éxitos chamado Collectable que se compoñe dun CD dobre máis un DVD coa videografía do grupo de Bristol.

[editar] Posta en escena

Comezando coma unha banda urbana, a posta en escena madurou considerabremente coa saída de Mezzanine. Con máis recursos económicos e tecnolóxicos, ós concertos foron engadíndose máis e máis instrumentos e arranxos visuais coma pantallas xigantes e láser que compretaban o espectáculo.

[editar] Discografía

[editar] Álbumes

Data Título
Marzo de 2006 Collected
Abril de 2005 Bullet Boy
Outubro de 2004 Danny the Dog
Febreiro de 2003 100th Window
Abril de 1998 Mezzanine
Febreiro de 1995 No Protection
Setembro de 1994 Protection
Xuño de 1991 Blue Lines

[editar] LP

Data Título
Marzo de 2006 Live With Me
Xuño de 2003 Butterfly Caught
Febreiro de 2003 Special Cases
Setembro de 1998 Inertia Creeps
Xullo de 1998 Angel
Xullo de 1998 Singles 90/98
Abril de 1998 Teardrop
Xullo de 1997 Risingson
Marzo de 1995 Karmacoma
Xaneiro de 1995 Protection
Outubro de 1994 Sly
1992 Hymn of the Big Wheel
Febreiro de 1992 Massive Attack
Maio de 1991 Safe from Harm
Febreiro de 1991 Unfinished Sympathy
Outubro de 1990 Daydreaming
1990 Musst Musst (Remezcla)
1988 Any Love

[editar] Trivia

  • Desde Blue Lines, Massive Attack e Portishead son nomeados coma artífices do chamado Bristol Sound (O son de Bristol).
  • Durante a Guerra do Golfo a banda tivo problemas cos medios á hora de promocionarse pola súa postura antiamericana e pola censura na prensa de certos termos relacionados coa guerra. Polo tanto trocaron o seu nome brevemente por Massive.
  • O cantante Tricky foi un membro orixinario da Wild Bunch pero decidiu deixa-lo grupo despois de Protection para emprender a súa carreira en solitario.
  • Ademais de compoñer, colaboraron ben remisturando ou arrando outros grupos ou artistas. Foi o caso cando colaboraron con Madonna para a versión I Want You, incluída no seu disco Something to Remember.
  • Moitas cancións foron empregadas para bandas sonoras e anuncios de televisión. Por exemplo o tema Angel sae en Snatch e Teardrop na versión americana de House, MD.
  • O grupo conta co seu propio clube de fans chamado Nocturne con sede no centro de Bristol.
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com