Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Marco van Basten - Wikipedia

Marco van Basten

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Marco van Basten
Nome completo: Marcel van Basten
Alcume: 'San Marco, The Swan Of Utrecht (O cisne de Utrecht)
Data de nacemento: 1 de setembro de 1964
Lugar de nacemento: Utrecht, Holanda
Data de falecemento:
Lugar de falecemento: ,
Nacionalidade: Holandés
Clube actual: retirado
Posición: Dianteiro
Altura: metros
Partidos internacionais: 58
Goles: 24 (selección)
Ano do debut: 1982
Clube do debut: Ajax Amsterdam
Ano do retiro: 1993
Clube do retiro: A.C. Milan


Marcel ("Marco") van Basten nado o 31 de outubro de 1964 en Oog in Al, Utrecht), é un ex-futbolista e adestrador holandés que na atualidade é o seleccionador nacional de Holanda.

Anteriormente foi un dianteiro centro que xogou para o Ajax Amsterdam e o A.C. Milan nas décadas dos 80 e 90. Está considerado un dos mellores atacantes de tódolos tempos a pesares da súa curta carreira por mor de repetidas mancaduras nos nocellos. Anotou un total de 276 goles, e foi galardoado tres veces co Balón de Ouro (1988,1989 e 1992) e unha vez co FIFA World Player en 1992.

Índice

[editar] Xogador

Van Basten xogou brevemente para o Elinkwijk antes de fichar polo Ajax. Debuta co primeiro equipo en abril de 1982, entrando ao campo en substitución de Johan Cruyff e anotando o seu primeiro gol para o clube.

O crecemento de van Basten nos anos seguintes semellaba non ter límite. Non só coma un grande rematador senón tamén destacaba pola súa abriante técnica. Na tempada 1982-83 o Ajax contaba co Bota de Ouro Wim Kieft, o que fixo que van Basten só desputara vinte encontros. Ainda así o seu xogo convenceu ós técnicos do Ajax ata o punto de vender a Kieft ó Pisa e colocar a van Basten como titular.

A confianza depositada nel non foi en balde, xa que foi o máximo goleador da liga holandesa catro anos consecutivos (1984,1985,1986 e 1987). Un total de 117 goles en 112 encontros. En 1985-86 fixo 37 goles en 26 encontros en liga, gañando a Bota de Ouro

En 1987 Silvio Berlusconi ficha a van Basten para o Milan. Alí atoparíase con outros dous compatriotas seus, Ruud Gullit e Frank Rijkaard. Na súa primeira tempada no clube italiano gañan o Scudetto, mais van Basten só pode xogar once encontros por problemas co nocello.

A pesares diso, na Eurocopa de 1988 deu un rendemento espectacular, rematando coma máximo anotador e mellor xogador do torneo. Un dos seus mellores goles foi unha volea sen apenas ángulo na final contra a URSS. Holanda venceu ese encontro por 2-0 e fíxose coa vitoria e o seu único ata o de agora título de seleccións. Un dato curioso dese gol é que o gardamallas soviético Rinat Dasaev tiña o xeonllo mancado, e canto tenta saltar para dete-lo esférico só e quen de apoiarse nunha perna.

De volta ao Milan, Van Basten fai unha extraordinaria tempada nos anos 1988-89, sendo galardoado co Balón de Ouro, anotando 19 goles na Serie A e marcando dous tantos na final da Copa de Europa contra o Steaua de Bucarest.

Na 1989-90 rematou coma máximo anotador da Serie A e o Milan defendeu a Copa de Europa con éxito, vencendo desta volta ao Benfica. En troques, Holanda decepcionou no Mundial dese ano, caendo na segunda rolda.

Na 1991-92, adestrados por Fabio Capello o Milan perdeu un só encontro en liga e fíxose co Scudetto de novo. Van Basten anotu 25 goles e rematou coma Capocannoniere de novo.

Ao ano seguinte o Milan segue arrasando na liga, chegando a sumar 58 encontros sen coñece-la derrota. Van Basten destaca especialmente e gaña por terceira vez o Balón de Ouro. Pouco despois volta cos seus problemas co nocello, e tras varias operacións sen moito éxito decide retirarse do fútbol.

Aínda así desde entón sí que participou nun par de encontros homenaxe, coma o de Demetrio Albertini e o de Dennis Bergkamp.

[editar] Títulos

Clube

  • Ajax Amsterdam:
    • Recopa de Europa de Fútbol: 1987.
    • Liga Holandesa: 1982, 1983, 1985.
    • Copa de Holanda: 1983, 1986, 1987.
  • AC Milan:
    • Copa de Europa: 1989, 1990.
    • Copa Intercontinental: 1989, 1990.
    • Supercopa de Europa de Fútbol: 1989, 1990.
    • Serie A: 1988, 1992, 1993.
    • Supercopa de Italia: 1988, 1992, 1993.

Internacional

  • Eurocopa: 1988.

Individual

[editar] Adestrador

Van Basten deixa oficialmente o Milan no ano 1995 retirándose do fútbol. Daquela declarou que nunca ía adicarse a adestrar, mais non tardaría en mudar de opinión.

Comeza adestrando ao segundo equipo do Ajax no 2003 con John van 't Schip de axudante. O 29 de xullo de 2004 é nomeado adestrador da selección holandesa, xunto con van't Schip.

Os seus comezos no cargo son bastante polémicos o prescindir de estrelas coma Clarence Seedorf, Patrick Kluivert, Edgar Davids ou Roy Makaay.

Por vez primeira en moito tempo, ningún dos tres grandes holandeses (Ajax Amsterdam, PSV Eindhoven, e Feyenoord Rotterdam) aportan ós xogadores clave da selección, sendo o AZ Alkmaar o que conta con maior número de convacados: Denny Landzaat, Barry Opdam, Barry van Galen, Ron Vlaar, Jan Kromkamp e Joris Mathijsen.

A primeira proba real á que se tivo que enfrontar Holanda foi o Mundial de 2006 en Alemaña, onde foron eliminados en oitavos de final por Portugal. Aí chovéronlle críticas ó adestrador, sobre todo pola pouca participación que lle deu a Ruud van Nistelrooy é por deixar fóra da convocatoria a Roy Makaay ou Clarence Seedorf.

Van Basten ten contrato coa Federación holandesa para adestrar á selección até o 2008. A federación xa expresou os seus desexos de amplialo ata o 2010.

[editar] Videos

[editar] Ligazóns Externas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com