Lusismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O lusismo é unha corrente de pensamento e movemento social que directamente abraza, desde xa, o portugués de Portugal como lingua da Galiza a todos os efectos.
É un termo sancionado como incorrecto na norma promovida como oficial para o galego, por ser considerado un empréstimo do portugués. Sobre a polémica lexical dos lusismos ver informacións do lanzamento do Dicionário "Isso Não é Galego, é Português". É un sinónimo imperfecto de reintegracionismo.
Enténdese que reintegracionismo é un termo que abranxe mais posicións intermedias, en canto lusismo directamente adoptaría na escrita o portugués de Portugal para representar a oralidade galega.
[editar] Ligazóns externas
Máis información sobre a tradición históricae a actualidade desta posición:
- Páxina sobre Jenaro Marinhas.
- Páxina sobre Carvalho Calero, primeiro Catedrático de Lingua e Literatura Galega.
- Descarga de artigos especializados(contributos, agália) e e-libros (gze-ditora):
As dúas posicións (lusismo e reintegracionismo) son aceites baixo o nome de luso-reintegracionismo.