Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Linguaxe interior - Wikipedia

Linguaxe interior

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Linguaxe interior:

  • movementos articulatorios latentes que acompañan a lectura, audición ou pensamento silencioso.

Trataríase dunha linguaxe sen son, subvocal, unha actividade previa á fala, unha linguaxe sen voz, unha función en si mesma, unha forma básica de pensamento sen palabras. Os filósofos da antigüidade consideraban que ‘pensar era falarse a un mesmo en silencio’. Para Platón, o pensamento e a linguaxe falada son unha mesma cousa, e pode definirse o pensamento como ‘procesos subvocais na larinxe. Os primeiros estudos sobre a linguaxe interna estaban baseados na introspección e en observacións clínicas sobre os trastornos da linguaxe, observándose que a linguaxe interna eran imaxes verbais de modalidade diversa (acústica, motora e visual) a interrupción da cal era explicable por disfuncións intelectuais relacionadas coa afasia.

Posteriores investigacións centráronse no estudo dos compoñentes motores, dos micromovementos dos órganos vocais, a través de aparatos mecánicos de sensibilidade crecente, concluíu de xeito que se producía un incremento na musculatura vocal en tódalas tarefas verbais. Investigacións realizadas co método E.M.G. (electromiográfico) indican que se producen potenciais de linguaxe local, e non simples irradiacións difusas do ton muscular, e que as variacións nas reaccións lingüísticas do E.M.G. dependen: do grao de dificultade e novidade da tarefa, grao de automatización das operacións de pensamento, introducción de imaxes, actividade mental e inclinación a un tipo de memoria. Os impulsos vocálico-motores detéctanse non só en tarefas que impliquen pensamento verbal abstracto, senón tamén no visual.

Probas experimentais de tipo de medicións electromiográficas indican que o pensamento é unha activación dos mecanismos cerebrais da linguaxe, e que as diferentes formas de pensamento se acompañan dunha actividade fisiolóxica diferente da dos órganos articulatorios. Os resultados, en función das propiedades gramaticais e semánticas (obtidos a partir das investigacións sobre os trastornos da linguaxe), son menos concluíntes.

En xeral, sostense que se trata dunha forma reducida e condensada da linguaxe en relación ó seu papel na adquisición da linguaxe infantil existen posturas diferentes. Para Vygotsky, a linguaxe interiorizada posúe unha función específica, leis e límites precisos respecto a outras actividades lingüísticas.

A fala utilizaríase para o pensamento interno, desenvólvese no campo da semántica, non da fonética, e caracterízase por conserva-lo predicado, non o suxeito nin as palabras que con el se relacionan; son, polo tanto, trazos característicos a tendencia predicativa e a carencia de palabras. Vygotsky establece a seguinte secuencia: unha primeira etapa de linguaxe social, á que seguiría unha segunda de linguaxe egocéntrica, que orienta a actividade mental e conduce a unha terceira etapa de linguaxe interior.

Trataríase dunha evolución do social ó individual, na cal a linguaxe egocéntrica non queda reducida a un simple acompañante da actividade mental, senón que se constitúe nunha axuda valiosa. A linguaxe egocéntrica desaparece coa idade escolar, feito que induce a pensar na súa transformación en linguaxe socializada. Esta non é un antecedente da linguaxe externa ou a súa reproducción na memoria, senón que posúe estructuras diferentes. A linguaxe egocéntrica é, nun principio, equiparable ó social, pero no proceso de interiorización vaise facendo cada vez menos completa e coherente, reducíndose a unha estructura predicativa.

Para Piaget, pola contra, a xénese da linguaxe segue unha secuencia evolutiva que vai do individual ó social: pensamento autista ou non verbal, linguaxe egocéntrica e linguaxe social. Neste proceso, a linguaxe egocéntrica é unicamente unha acompañante da actividade do neno. Luria pon de relevo o papel regulador que posúe a linguaxe na conducta humana.

Sinala varios estudios:

  1. A linguaxe non pode regula-la conduta, polo seu escaso nivel de desenvolvemento.
  2. A linguaxe comeza a regula-la conduta, pero só a través da súa acción impulsiva, non de conexións significativas.
  3. A acción reguladora é exercida por conexións significativas producidas pola linguaxe.
  4. Redúcese a necesidade da linguaxe verbalizada e o control é asumido pola fala interna, que se constitúe no compoñente máis significativo da actividade reflexiva e voluntaria.
Outras linguas
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com