Liña internacional de cambio de data
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Liña Internacional de Cambio de Data é unha liña irregular imaxinaria na superficie da Terra trazada sobre o Océano Pacífico, próxima ó meridiano 180, que cando se cruza supón o cambio de data (exactamente un día). Pasar a liña de Leste a Oeste fai que a data cambie ó día seguinte (perda dun día). Ó revés fai gañar un día. A súa necesidade radica na forma de variar a hora, cara ó Leste (máis temperán), ó Oeste máis tarde (en relación ó meridiano de Greenwich). Esta liña pasa polo Estreito de Bering entre Alasca e Siberia, polo que ambas teñen diferentes datas, pero a maioría do percorrido transcorre en medio do océano e non dificulta o mantemento de ningunha hora local.