Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Joan de Novoa - Wikipedia

Joan de Novoa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Joao de Novoa . Joan de Nova . Joan da Nova . Xán de Novoa . Cabaleiro e mariño galego, de linaxuda familia ourensán de finais do século XV e principios do XVI. Alcaide de Lisboa.


[editar] En Galicia

Apreciado polo Arcebispo Fonseca, parece que se pode datar a súa fuxida a Portugal durante as revoltas irmandiñas, como se desprende dun documento pertencente ao Cabido da Catedral de Ourense do 1468, do notario Afonso Eanes de Palmoi.

Casado en primeiras nupcias con Leonor Enriquez.

Partidario do bando de Isabel A Católica pelexou xunto con Fonseca contra Pedro Madruga, pero cando se decata da ación centralizadora dos Reis Católicos contra a pequena nobreza fuxe definitivamente a Portugal (cara ao 1480).

Da súa estadia en Galicia hai noticia non datada escrita polo embaixador de España ante a Coroa Británica, o galego Gondomar, recollida por Murguía e tamén por Carballo Calero (en "Prosa Galega 3") protestando ante os cregos do mosteiro de Montederramo que lle solicitaban presentase os papeis de encomendeiro das súas posesións, na que contesta: "E eu que título hei de mostrar mais que habelas herdado de meu pay, ó meu pay do meu aboo e meu aboo dos nosos antepasados que as posuiron desde que o mundo foy mundo. Vos e San Bernardo (que era da Franza) e a puta que vos pariu que tendes que ver coa miña facenda por uns poucos papés decorradeiros que presentás...".


[editar] Portugal

Xa en Portugal pasou a servir ao rei Juan II, participando nas acións militares no norte de África obtendo o título de Alcaide menor de Lisboa.

Relacionado co seu cargo realizará tres visitas a India ao mando da nao Flor de la Mar. Estes viaxes quedarán plasmados nas crónicas de navegación conservadas na Torre do Tombo de Lisboa.


[editar] As viaxes

A primeira viaxe foi en 1501, reinando Don Manuel I, ao fronte dunha flota de catro barcos, viaxe iniciada antes da chegada da noticia do descubrimento de América, e parece que nesta viaxe visitou Brasil. Partiu o 5 de marzo de 1501. Descubriu a Illa da Ascensión, visitou Mozambique, Quiloá, Melinde e na India as Illas de Anchediva, Cochim, Calecut, Cananor... Na viaxe de volta, cargados de especias, bautizou a unha pequena illa do Índico ó sur das Seychelles como "A Galega", actualmente pertencente a Mauricio (a actual Agalega).

A pesares de atoparse con moitos obstáculos na costa oriental de Africa e os continuos enfrontamentos distinguiuse polas súas dotes diplomáticas evitando os enfrontamentos sempre que lle era posible.

A segunda viaxe, en 1505 faina acompañado polo Virrei da India Francisco de Almeida, a fronte de dezaseis naos e seis carabelas, e 1.500 soldados. Tras unha dura travesía visitan Quiloá, participando na destrución da cidade e no nomeamento dun novo rei. O seu seguinte destino será Mombasa, seguiralle Zanzibar e outros lugares da costa oriental africana. A finais do mesmo ano para na vaixe de regreso a Portugal non dando chegado. Por mor dunha treboada no Cabo de Boa Esperanza ten que retroceder e decide pasalo inverno no norte do Canal de Madagascar, nunha illa aínda hoxe chamada Juan de Nova (pertencente na actualidade a Colonia francesa de Reunión), sendo atopado en marzo de 1506 pola escuadra de Afonso de Alburquerque.

Éste o auxilia e proporcionalle un novo barco, xa que a Flor de la Mar é irrecuperable, co que se incorpora a escuadra, iniciando unha viaxe cara ao norte da costa oriental africana loitando con crueldade extrema contra os musulmáns. Pronto comezaran as desavenencias na tropa, e en xaneiro de 1508 Alburquerque acusa ao propio Joan de Novoa de ser o instigador das maquinacións. Joan de Novoa reaciona aireado polas acusacións e négase a obedecer ordes comezando así unha pelea corpo a corpo enganchándoo Alburquerque pola barba, arrincándolle parte dela, termina a trifulca con Joan preso e sen mando, ainda que é perdoado ao pouco ("polo tempo en que estabam e pela necessidade que delles tiñan"). Aos poucos días Joan é ferido nunha ación militar dentro da cidade de Ormuz e pouco tempo despois unha escuadra de tres barcos fuxe cara a India desobedecendo ordes. Joan de Novoa volve a ser acusado como instigador, pero permítelle partir cara a India. Xa alí posicionase no partido de Fernando de Almeida na súa loita polo virreinato con Alburquerque, acusando a este último de crueldade, ainda que debido ao seu impulsivo carácter tamén Almeida se separará del.

Finalmente o 10 de xullo de 1509 falece en Cochim, no sur da India, solo e desamparado, aínda que será Alburquerque o que costee o seu enterro coma cabaleiro en recordo das súas conquistas no Reino de Ormuz.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com