Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
House, M.D. - Wikipedia

House, M.D.

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

House, M.D.
Xénero Drama médico
Formato de imaxe 720p HDTV
Duración 43 minutos aprox.
Creador(es) David Shore
Intérpretes Hugh Laurie
Lisa Edelstein
Omar Epps
Robert Sean Leonard
Jennifer Morrison
Jesse Spencer
País de orixe Estados Unidos
Emisión orixinal Fox
Tempo de emisión 16 de novembro 2004 – actualidade
Número de episodios 46 en 2 tempadas
IMDb profile
TV.com summary


House (o título orixinal é House, M.D., acrónimo de Medicinæ Doctor) é unha serie de televisión estadounidense estreada en 2004. Trátase dun drama médico protagonizado por Hugh Laurie (nominado ós Premios Emmy e gañador dun Globo de Ouro), que encarna o Dr. Gregory House, un médico extravagante e cun carácter marcado que realiza diagnósticos, xunto ó seu equipo, usando métodos pouco ortodoxos no ficticio Hospital Universitario Princeton-Plainsboro de Nova Jersey.

A súa emisión orixinal realizouse na cadea FOX, e dende 2005 estase a emitir tamén en España (pódese seguir a través de diferentes plataformas de pago coma Imagenio ou Digital+). En 2006 estreouse tanto na televisión analóxica coma dixital terrestre, da man de Cuatro, onde é o espazo con maior audiencia dende a súa creación. Débese precisamente a esta cadea o éxito colleitado pola serie en España. Ademais, a primeira tempada da serie distribuiuse co diario El País en formato DVD.

Índice

[editar] Argumento

A serie xira ó redor do Dr. Gregory House (Hugh Laurie), un médico de forte e marcada personalidade. É nefrólogo e experto en enfermidades infecciosas e dirixe o departamento de diagnoses que está formado, aparte de él mesmo, polos doutores Eric Foreman, Robert Chase e Allison Cameron. House, que é adicto á vicodina por mor dunha dor crónica na pierna dereita derivada dunha necrose muscular, ten un carácter amargo pero posúe un gran sentido do sarcasmo e da ironía.

Ó departamento de diagnoses asígnanselle casos complexos ós que House soe enfrentarse de forma impersonal sen ver os pacientes, sempre que poida evitalo, e presupoñendo sempre que os pacientes menten. A súa falta de respecto polas normas e convencionalismos (sempre que contribúa á salvación do enfermo) e o seu escaso interese por levar a cabo outros cometidos de xestión diferentes á resolución de casos complexos lévano a continuos enfrontamentos coa directora do hospital Lisa Cuddy.

[editar] Reparto

[editar] Personaxes principais

  • Dr. Gregory House (Hugh Laurie): nefrólogo afamado polas súas habilidades coma diagnosticador, e posiblemente pola súa antipatía cos pacientes, dirixe o departamento de diagnose, e é o encargado de resolve-los casos máis estraños e complexos coa axuda do seu equipo, e ocasionalmente do seu amigo o doutor James Wilson. O personaxe está inspirada no famoso detective ficticio Sherlock Holmes. Tamén se lle comparou con outras persoaxes caracterizadas polo seu inxenio como Cyrano de Bergerac ou o profesor Henry Higgins.
  • Dr. Eric Foreman (Omar Epps): neurólogo de raza negra que se sente habitualmente maltratado polo seu xefe. Soe ser enviado ás investigacións menos convencionais, coma as constantes violacións de domicilio que realizan, debido ós seus antecedentes coma delincuente xuvenil.
  • Dr. Robert Chase (Jesse Spencer): especialista en medicina intensiva australiano que mostra unha gran ambición, algo que nalgunhas ocasións o leva a enfrontarse con tódolos seus compañeiros. Procedente dunha familia adiñeirada, non se fala co pai e a nai morreulle cando tiña 16 anos.
  • Dra. Allison Cameron (Jennifer Morrison): inmunóloga a quen House recoñece que a contratou simplemente «porque estás coma un queixo». Aínda así, ela admira o seu xefe e trata de gañar o seu recoñecemento.
  • Dr. James Wilson (Robert Sean Leonard): xefe de oncoloxía do hospital. É o mellor, e único, amigo de House, polo que só el se atreve a falarlle con sinceridade e discutirlle de ti a ti.
  • Dra. Lisa Cuddy (Lisa Edelstein): a directora do hospital e por tanto xefa de House, con quen se enfronta a miúdo polas súas faltas de profesionalidade, aínda que se resigna a non discuti-lo seu posto, ó se-lo mellor médico do hospital e un dos mellores diagnosticadores do mundo.

[editar] Personaxes secundarios

  • Stacy Warner (Sela Ward): ex-noiva de House que durante un tempo traballa de avogada do hospital, polo que ten que encargarse dos xuízos que ten o centro polas demandas contra House e o seu equipo.
  • Mark Warner (Currie Graham): Home de Stacy Warner. House sálvalle a vida e despois diso manteñen unha profunda enemistade por mor dos sentimientos que aínda quedan entre House e Stacy.

[editar] Tempadas

A primeira tempada emitiuse de 2004 a 2005 en Estados Unidos, e está composta por 22 episodios. A segunda tempada está formada por 24 capítulos. De momento a serie contará cunha tempada máis, a terceira.

O penúltimo capítulo da primeira tempada, Tres historias, no que House imparte unha clase maxistral no hospital e onde mestura varios pacientes e se revelan os detalles da súa incurable dor na perna, foi galardoado cun Globo de Ouro en 2005.

[editar] Primera tempada

  1. Primeiro capítulo (piloto) - Pilot ou Everybody Lies
  2. Paternidade - Paternity
  3. A navalla de Occam - Occam's Razor
  4. Maternidade - Maternity
  5. Se o fas, malo, e se non, peor - Damned If You Do
  6. Método socrático - The Socratic Method
  7. Fidelidade - Fidelity
  8. Veleno - Poison
  9. Non RCP - DNR
  10. Historias - Histories
  11. Desintoxicación - Detox
  12. Medicina deportiva - Sports Medicine
  13. Maldito - Cursed
  14. Control - Control
  15. As regras da Mafia - Mob Rules
  16. Unha cuestión de peso - Heavy
  17. Todo un exemplo - Role Model
  18. Prioridades - Babies & Bathwater
  19. Rapazas - Kids
  20. O amor fai dano - Love Hurts
  21. Tres historias - Three Stories
  22. Lúa de mel - Honeymoon

[editar] Segunda tempada

  1. Aceptación - Acceptance (emitido el 13/10/05 en EUA)
  2. Autopsia - Autopsy (emitido el 20/10/05 en EUA)
  3. Humpty, Dumpty - Humpty, Dumpty (emitido el 27/10/05 en EUA)
  4. Ser ou non ser - TB or Not TB (emitido el 01/11/05 en EUA)
  5. Neno de papá - Daddy's Boy (emitido el 08/11/05 en EUA)
  6. Dar voltas - Spin (emitido el 15/11/05 en EUA)
  7. Caza - Hunting (emitido el 15/11/05 en EUA)
  8. O erro - The Mistake (emitido el 29/11/05 en EUA)
  9. Engano - Deception (emitido el 13/12/05 en EUA)
  10. Problemas de comunicación - Failure To Communicate (emitido el 10/01/06 en EUA)
  11. Necesidade de saber - Need To Know (emitido el 07/02/06 en EUA)
  12. Distraccións - Distractions (emitido el 14/02/06 en EUA)
  13. Non é ouro todo o que reloce - Skin Deep (emitido el 20/02/06 en EUA)
  14. O sexo mata - Sex Kills (emitido el 7/3/06 en EUA)
  15. Sen pistas - Clueless (emitido el 28/3/06 en EUA)
  16. A salvo - Safe (emitido el 4/4/06 en EUA)
  17. Aposto o resto - All In (emitido el 11/4/06 en EUA)
  18. O soño dos xustos - Sleeping Dogs Lie (emitido el 18/4/06 en EUA)
  19. House contra Deus - House vs. God (emitido el 25/04/06 en EUA)
  20. Euforia, parte 1 - Euphoria, Part 1 (emisión: 02/05/06 en EUA)
  21. Euforia, parte 2 - Euphoria, Part 2 (emisión: 03/05/06 en EUA)
  22. Para sempre - Forever (emisión: 09/05/06 en EUA)
  23. Quen é o teu papá? - Who's your daddy? (emisión: 16/05/06 en EUA)
  24. Sen razón - No Reason (emisión: 23/05/06 en EUA)

[editar] Premios

Ganados

  • 2005 Premio AFI — Programa do ano - Selección oficial;
  • 2005 BMI Film & TV Awards — BMI TV Music Award - Robert del Naja, Grant Marshall, Mushroom Vowles;
  • 2005 Emmy — Guión excepcional para unha serie de drama polo episodio "Three Stories"; escrito polo creador, David Shore;
  • 2005 Television Critics Association Awards — Logro individual en drama - Hugh Laurie.
  • 2005 Satellite Awards — Actor excepcional nunha serie, drama - Hugh Laurie;
  • 2005 Satellite Awards — Actriz excepcional nun papel de apoio nunha serie, miniserie ou película feita para televisión - Lisa Edelstein;
  • 2005 Satellite Awards — Serie de televisión excepcional - Drama;
  • 2006 Globo de Ouro — Mellor actuación dun actor nunha serie de televisión, drama: Hugh Laurie;
  • 2006 Writers Guild of America — Episodio de drama (calquera duración, un capítulo) - "Autopsy" escrito por Lawrence Kaplow;

[editar] Curiosidades

  • A audición para o casting de Hugh Laurie para o papel de House gravouse en vídeo no baño dun hotel de Namibia, xa que nese país se estaba a filmar a película Flight of the Phoenix.
  • A música da serie que se utiliza en EE.UU. é una versión instrumental do tema de Massive Attack "Teardrop", que pertence ó album Mezzanine (1998). Porén este tema non puido incluirse fóra de Estados Unidos debido a problemas cos dereitos da canción, de modo que as versións no resto do mundo usan un tema diferente, unha peza chamada "House" composta por Scott Donaldson e Richard Nolan. Para a segunda tempada o tema é outro aínda que moi parecido.
  • David Shore, o creador da serie, dixo que o personaxe de House está inspirado en Sherlock Holmes, sobre todo pola capacidade de resolve-lo irresoluble e polo uso das drogas. House usa as técnicas de dedución de Holmes para diagnosticar os seus pacientes. E profundizando, o mellor amigo de House é James Wilson, apelido moi parecido a Watson (compañeiro de Holmes). House é moi similar a Holmes, así como tamén é importante lembrar que o número de apartamento de House é o 221B, o mesmo número có apartamento de Sherlock Holmes, o 221B de Baker Street. Como Holmes, House tamén está obrigado a levar caxato e é igual de prepotente ca el.
  • Na audición de Hugh Laurie, David Shore díxolle a Bryan Singer (produtor executivo): "Ves, iso é o que quero, un rapaz americano", descoñecendo que Hugh é inglés.
  • Bryan Singer, un dos produtores executivos da serie e director de cinema, dirixiu o piloto de House e o terceiro capítulo e incluso ten unha breve aparición no capítulo 1x12 actuando del mesmo. Outras películas que dirixiu foron Superman Returns, algunhas das derradeiras tomas do remake de King Kong (xa que Peter Jackson se atopaba moi canso e lle pediu axuda), X-Men e X-Men 2.
  • No casting de House, o actor Hugh Laurie tivo que ser desagradábel para consegui-lo papel. E abofé que o conseguiu.

[editar] Ligazóns externas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com