Hokkaido
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hokkaido (北海道 Hokkaidō "provincia do mar do norte", ainu: Mosir), coñecida como Ezo ata a época Meiji, é a segunda illa máis grande do Xapón que forma unha prefectura. O estreito de Tsugaru sepáraa da illa de Honshu. A cidade máis grande da illa é a capital, Sapporo. Nos seus 83.452'47 km² viven 5.702.131 habitantes distribuídos en 66 distritos e 212 concellos. O Monte Taisetsu-Zan é o punto máis elevado da illa (2.290 m)
Hokkaidō é o territorio tradicional do pobo ainu, aínda que moitos lugares levan aínda nomes ainus, a poboación aborixe é unha pequena minoría.