Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Florianópolis - Wikipedia

Florianópolis

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Florianópolis
Estado: Santa Catarina
Superficie: 436,5km2
Poboación: 341.781 (Censo 2000)
Altitude media:
-Maxima:
25m
532 m (Morro da Ilha)
Distancia de Brasilia 1687 km
Código Postal (CEP): 88000-000
Latitude:
Lonxitude:
27º50' S
48º25' O
Goberno local: Prefectura Municipal de Florianópolis
Rua Tenente Silveira, 60 - 5º andar,

Centro. Cep: 88010-300

Sitio Internet: www.florianopolis.sc.gov.br
Alcalde (Prefeito): Dário Berger
Localización de Florianópolis no Brasil
Image:Florianopolis_in_Brazil.png

Florianópolis é a capital do estado de Santa Catarina, no sur do Brasil. Ocupa toda a illa de Santa Catarina e tamén unha pequena parte do continente. A área do municipio, comprendendo a parte continental e a illa, ocupa 436,5km2 , e tiña unha poboación de 341.781 habitantes segundo o Censo 2000. Ao contrario que noutros estados brasileiros, Florianópolis non é a cidade con maior poboación do estado, pero si a segunda maior.

O concello divídese nos distritos de: Sede, Barra da Lagoa, Cachoeira do Bom Jesus, Campeche, Canasvieiras, Ingleses do Rio Vermelho, Lagoa da Conceição, Pântano do Sul, Ratones, Ribeirão da Ilha, Santo Antônio de Lisboa e São João do Rio Vermelho.

[editar] Economía da cidade

Florianópolis ten a súa base económica no comercio, servizos públicos, industria de transformación e turismo. Recentemente a industria téxtil e a informática tamén colleron pulo.

Turismo: nas súas praias e nas localidades que conservan o seu sabor antigo, como o Ribeirão da Ilha, a Lagoa da Conceição, Santo Antônio de Lisboa e o propio centro histórico da cidade de Florianópolis.

[editar] Historia

Os primeiros habitantes da rexión de Florianópolis foron os indios tupis-guaranís. Praticaban a agricultura, mais tiñan na pesca e collleita de moluscos as actividades básicas para a súa subsistencia.

Os indicios da súa presenza atópanse nos sambaquis e sitios arqueolóxicos. Os rexistros máis antigos datan de 4.800 A.C.

Xa no inicio do século XVI, había embarcacións que se abastecían de auga e víveres. En 1675 Francisco Dias Velho, dá inicio ó pobación da illa con europeos coa fundación da Nosa Señora do Desterro (atual Florianópolis) - segundo núcleo de poboamento máis antigo do Estado, aínda que facía parte da vila de Laguna - desempeñando un importante papel político na colonización da rexión.

A partir desta data intensifícase o fluxo de paulistas e vicentistas que ocupan varios outros puntos do litoral. O 23 de marzo de 1726, dáselle a categoria de vila, logo do seu desmembramento de Laguna.

A illa de Santa Catarina, pola súa posición estratéxica como vangarda dos dominios portugueses no Brasil meridional, pasa a ser ocupada militarmente a partir de 1737, acando comezan a ser erixidas as fortalezas necesarias para a defensa do seu territorio. Ese feito resultou ser un paso importante na ocupación da illa.

Coa ocupación, prosperaron a agricultura e a industria manufatureira de algodón e liño, permanecendo, aínda hoxe, resquicios dese pasado no que se refire á confección artesanal da fariña de mandioca e das rendas de bilro (pequena peza de madeira).

Nesta época, mediados do século XVIII, verifícase a implantación de frotas para a pesca da balea, en Armação da Piedade (Governador Celso Ramos) e Armação do Pantano do Sul (Florianópolis), comercializando o aceite a Coroa fóra de Santa Catarina, non tendo beneficio económico a rexión.

No século XIX, Desterro foi elevada á categoria de cidade; Capital da Provincia de Santa Catarina en 1823, inaugurou un período de prosperidade, co investimento de recursos federais. Proxectouse a mellora do porto e a construción de edificios públicos, entre outras obras urbanas. A modernización política e a organización de actividades culturais tamén destacaron, marcando inclusive os preparativos para a recepción do Emperador Don Pedro II (1845).

Vista aérea da Ponte Hercilio Luz, inaugurada no comezo do século XX, que ligou Florianópolis ao continente. Hoxe é un marco historico da cidade.
Agrandado
Vista aérea da Ponte Hercilio Luz, inaugurada no comezo do século XX, que ligou Florianópolis ao continente. Hoxe é un marco historico da cidade.

Coa chegada da República (1889), as resistencias locais ó novo goberno provocaron un distanciamento do goberno central e a diminuición dos seus investimentos. A vitoria das forzas comandadas polo Mariscal Floriano Peixoto determinaron en 1894 o cambio do nome da cidade a Florianópolis, en homenaxe a este oficial.

A cidade, ó entrar no século XX, pasou por profundas transformacións, sendo a construción civil un dos seus principais soportes económicos. A implantación das redes básicas de enerxía eléctrica e do sistema de fornecemento de auga e da rede de sumidoiros sumáronse á construción da Ponte Governador Hercílio Luz, como marcos do proceso de desenvolvemento urbano.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com