Ernest Ansermet
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ernest Ansermet ( Vevey 1883 - Xenebra 1969) director de orquestra suízo.
Nativo da rexión francófona de Suíza comezou a súa carreira profesional como profesor de matemáticas, dirixindo como afección. Durante unha viaxe a Francia coñeceu a Claude Devussy e Maurice Ravel. Durante a Primeira Guerra Mundial coñeceu a Igor Stravinsky, exiliado en Suíza. En 1918 fundou a súa propia orquestra, Orchestre de la Suisse Romande, coa que viaxou por Europa e América, de enorme importancia na difusión da música clásica moderna.