Epona
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Epona é a deusa celta dos cabalos, da fertilidade e da natureza, asociada coa auga, a curación e a morte indistintamente, comparable a Cibeles. É orixinal da mitoloxía gala, e en Irlanda é coñecida como Edain. O seu equivalente na mitoloxía galesa é Rhiannon, esposa de Pwyll, obrigada a levar ás visitas do seu marido en forma de egua ata o interior do palacio. Tamén é coñecida coma Rosette.
A súa asociación coa morte débese á antiga crenza de que os cabalos eran guías de almas, dun ao outro mundo. Ás veces, tamén por esta asociación, represéntase cunha chave, un mapa ou un plano, para guiar os mortos cara o ceo.
- No mundo dos videoxogos, en honor a esta deusa, o egua de Link de The Legend of Zelda leva o mesmo nome, Epona.