Elementos químicos con nome de lugar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Certos elementos químicos teñen un nome que procede dun lugar ou territorio. Normalmente débese a que é o sitio onde se descubriu, se atopa en abundancia, se investigou ou onde naceu algún químico famoso:
[editar] En honor a vilas
- Berkelio (97), en honor á Berkeley, vila universitaria en EEUU
- Darmstadtio (110), en honor á vila alemana de Darmstadt
- Dubnio (105), en honor á vila de Dubna, preto de Moscova, onde hai un importante centro de investigación en física e química atómica
- Estroncio (38), en honor á vila de Strontian (Escocia)
- Hafnio (72), en honor a Hafnia, o nome latino de Copenhague
As catro seguintes están todas nomeadas en relación á vila de Ytterby, preto de Estocolmo
- Erbio (68)
- Iterbio (70)
- Itrio (39)
- Terbio (65)
[editar] En honor a territorios
- Americio (95), en honor a América
- Californio (98), en honor a California
- Escandio (21), en honor a Escania (Escandinavia)
- Europio (63), en honor a Europa
- Francio (87), en honor a Francia
- Galio (31), en honor á Gallia, o nome latino de Francia
- Holmio (67), en honor a Holmia, o nome latino de Estocolmo (cf. o nome sueco, Stockholm)
- Lutecio (71), en honor a Lutecia, o nome latino de París
- Magnesio (12), polo nomo de Magnesia en Tesalia, en grega
- Polonio (84), en honor a Polonia
- Renio (75), en honor a Renia ou Renania, as terras do Rhin
- Rutenio (44), en honor a Rutenia, o nome latino de Rusia
- Samario (62), en honor a Samaria, en Oriente Medio
- Tulio (69), en honor a Escania (Escandinavia)
- Xermanio (32), en honor a Germania, o nome latino de Alemaña
Xa na época dos gregos se utilizaría o nome para o cobre (29) que probablemente procede do nome da illa de Chipre
Elementos químicos | |
---|---|
Elemento químico - Listaxe alfabética de elementos químicos - Táboa periódica dos elementos Etimoloxía dos elementos químicos - Elementos químicos con nome de persoa - Elementos químicos con nome de lugar |