Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Día da Muller Traballadora - Wikipedia

Día da Muller Traballadora

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O Día Internacional da Muller Traballadora, aínda que ultimamente tende a ser coñecido como Día Internacional da Muller, (8 de marzo) é unha xornada que celebran os grupos femininos en todo o mundo. Esa data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países. Cando as mulleres de tódolos continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, se unen para celebrar o seu Día, poden contemplar unha tradición de non menos de 90 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.

O Día Internacional da Muller refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita plurisecular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home. Na antiga Grecia, Lisístrata empezou unha folga sexual contra os homes para poñer fin á guerra; na Revolución Francesa, as parisienses que pedían "liberdade, igualdade e fraternidade" marcharon cara a Versalles para esixir o sufraxio feminino.

Acto de celebración do Día Internacional da Muller Traballadora en Managua (1988).
Agrandado
Acto de celebración do Día Internacional da Muller Traballadora en Managua (1988).

A idea dun día internacional da muller xurdiu ao final do século XIX, que foi, no mundo industrializado, un período de expansión e turbulencia, crecemento fulgurante da poboación e ideoloxías radicais.

Índice

[editar] Cronoloxía

Ofrécese a continuación unha breve cronoloxía dos acontecementos máis destacados:

[editar] 1857

O 8 de marzo de 1857 como resultado dun incendio provocado, morren 146 obreiras téxtiles, que permaneceran nunha fábrica. As obreiras da Triangle Shirt Waist Company de Nova York, declaráronse en folga e ocuparon a fábrica para denunciar as pésimas condicións de traballo e de seguridade. Ante a súa negativa a desaloxar, foron atacadas con bombas incendiarias.

[editar] 1909

De conformidade cunha declaración do Partido Socialista dos Estados Unidos de América o día 28 de febreiro celebrouse en tódolos Estados Unidos o primeiro Día Nacional da Muller, que estas seguiron celebrando o último domingo de febreiro ata 1913.

[editar] 1910

A Internacional Socialista, reunida en Copenhague, proclamou o Día da Muller, de carácter internacional como homenaxe ao movemento en favor dos dereitos da muller e para axudar a conseguir o sufraxio feminino universal. A proposta foi aprobada unanimemente pola conferencia de máis de 100 mulleres procedentes de 17 países, entre elas as tres primeiras mulleres elixidas para o parlamento finés. Non se estableceu unha data fixa para a celebración.

[editar] 1911

Acto de celebración do Día Internacional da Muller Traballadora en Managua (1988).
Agrandado
Acto de celebración do Día Internacional da Muller Traballadora en Managua (1988).

Como consecuencia da decisión adoptada en Copenhague o ano anterior, o Día Internacional da Muller celebrouse por primeira vez (o 19 de marzo) en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza, con mitins aos que asistiron máis de 1 millón de mulleres e homes. Ademais do dereito de voto e de ocupar cargos públicos, esixiron o dereito ao traballo, á formación profesional e á non discriminación laboral.

Menos dunha semana despois, o 25 de marzo, máis de 140 mozas traballadoras, a maioría inmigrantes italianas e xudías, morreron no tráxico incendio da fábrica Triangle na cidade de Nova York. Este acontecemento tivo grandes repercusións na lexislación laboral dos Estados Unidos, e nas celebracións posteriores do Día Internacional da Muller fíxose referencia ás condicións laborais que conduciron ao desastre.

[editar] 1913-1914

No marco dos movementos en prol da paz que xurdiron en vésperas da primeira guerra mundial, as mulleres rusas celebraron o seu primeiro Día Internacional da Muller o último domingo de febreiro de 1913. No resto de Europa, as mulleres celebraron mitins en torno ao 8 de marzo do ano seguinte para protestar pola guerra ou para solidarizarse coas demais mulleres.

[editar] 1917

Como reacción ante os 2 millóns de soldados rusos mortos na guerra, as mulleres rusas escolleron de novo o último domingo de febreiro para declararse en folga en demanda de "pan e paz". Os dirixentes políticos criticaron a oportunidade da folga, pero as mulleres fixérona de tódolos xeitos. O resto é historia: catro días despois o Tsar viuse obrigado a abdicar e o goberno provisional concedeu ás mulleres o dereito de voto. Ese histórico domingo foi o 23 de febreiro, segundo o calendario xuliano utilizado entón en Rusia,ou o 8 de marzo, segundo o calendario gregoriano utilizado noutros países.

Dende eses primeiros anos, o Día Internacional da Muller adquiriu unha nova dimensión mundial para as mulleres dos países desenvolvidos e en desenvolvemento. O crecente movemento internacional da muller, reforzado polas Nacións Unidas mediante catro conferencias mundiais sobre a muller, contribuíu a que a conmemoración sexa un punto de converxencia das actividades coordinadas en favor dos dereitos da muller e a súa participación na vida política e económica. O Día Internacional da Muller é cada vez máis unha ocasión para reflexionar sobre os avances conseguidos, esixir cambios e celebrar os actos de valor e decisión de mulleres comúns que desempeñaron unha función extraordinaria na historia dos dereitos da muller.

[editar] O día da muller no movemento obreiro

Acto de celebración do Día Internacional da Muller Traballadora en Managua (1988). No cartel pon: Xuntos en todo loitamos contra o maltrato da muller.
Agrandado
Acto de celebración do Día Internacional da Muller Traballadora en Managua (1988). No cartel pon: Xuntos en todo loitamos contra o maltrato da muller.

No estudo realizado por Isabel Álvarez González e publicado baixo o título As orixes e a celebración do Día Internacional da Muller, 1910-1945 (KRK-Edicións, Oviedo, 1999), o incendio que se vincula coa data do Día da Muller Traballadora data non foi -así aparece na anterior cronoloxía- o 8 de marzo senón o 25 de marzo de 1911, poucos días antes da celebración do primeiro Día Internacional da Muller, na empresa Triangle Shirtwaist.

A manifestación á que moitas veces se fai referencia, non ocorreu no 8 de marzo de 1908 nin de 1857, como ás veces se sinala, senón o 27 de setembro de 1909; a partir de novembro de 1908 segundo outras fontes, no marco dunha folga de máis de trece semanas dos empregados e empregadas do sector téxtil realizaron no East Side de Nova York. Participaron máis de 20.000 obreiros, na súa inmensa maioría mulleres. Durante esas 13 semanas padeceron fame, ataques, detencións (máis de 600), despedimentos... pero conseguiron as peticións reclamadas. O 8 de marzo de 1909 convocouse unha manifestación esixindo, de novo, melloras de condicións para as mulleres emigradas e a abolición da explotación infantil así como o dereito ao voto das mulleres.

[editar] A orixe en 1910

Na II Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, que se celebrou en Copenhague en 1910, Clara Zetkin, líder do movemento alemán de mulleres socialistas, propuxo a celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, baseada na celebración que nos EE.UU. se realizaba dende 1908 como Women's Day co ánimo de reivindicar o sufraxio feminino. Este chamamento foi seguido en Alemaña, Suecia, Austria e Finlandia.

Os acontecementos de 1917 en Rusia nesa data, e que foron parte dos movementos que converxeron na Revolución de Outubro, contribuíron a afianzar esta celebración.

[editar] Fontes

  • Diario El Mundo, edición Valencia do 8 de marzo de 2002, artigo de Bernaldo do Rosal Blasco.
  • Biblioteca de Consulta Encarta.

[editar] Enlaces exteriores

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com