Confucio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Confucio (孔夫子)(Qufu 551 a.C – 479 a.C.) foi un pensador e filósofo chinés. As súas ensinanzas influíron fondamente en Asia oriental durante vinte séculos, e sobre elas formouse o confucianismo.
O seu pai morreu cando Confucio tiña tres anos, deixándo á familia na pobreza, xa dende novo traballou para a administración do estado de Lu, e mesmo chegou a ministro de xustiza. Comezou as súas ensinanzas os 50 anos, a súa fama como home de saber e carácter e a súa veneración polas ideas e costumes tradicionais axiña se propagou polo principado de Lu e por toda China. Nun comezo as súas ideas non foron ben aceptadas polos gobernantes, pero dende a dinastía Han, diversos emperadores inspiráronse na obra de Confucio para organizar a sociedade chinesa.