Ciclo hidrolóxico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Denomínase ciclo hidrolóxico ou ciclo da auga ao conxunto de trasvases que sofre a auga na natureza e que ten estrutura cíclica.
A auga é constantemente absorbida pola atmosfera en forma de vapor. Procede de océanos, lagos, ríos e a transpiración dos seres vivos. O vapor, ao arrefriarse, condénsase e conxélase, e cae en forma de choiva, xeo, sarabia ou neve. A meirande parte das precipitacións caen sobre o mar, pero unha cuarta parte dece sobre a terra, evaporándose a metade das mesmas pouco despois de caer. O resto volve de novo aos océanos, comezando así, novamente, o ciclo.