Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Carlos VI de Alemaña - Wikipedia

Carlos VI de Alemaña

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Traballo en progreso: Este artigo é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.

Carlos VI do Sacro Imperio Romano-Xermánico ou, coñecido baixo o nome de Carlos VI de Alemaña, nace en Viena, o 1° de outubro de 1685 e morre en Viena, o 20 de outubro de 1740. Coñecido tamén como Arquiduque Carlos de Austria (co nome de Carlos II)opúxose baixo o nome de Carlos III rei de España (1703) durante a guerra de sucesión a Filipe de Anjou, neto de Luís XIV, obtendo vitorias nun primeiro momento pero saíu finalmente derrotado.

Carlos VI de Alemaña, pretendente á Coroa española co nome de Carlos III
Agrandado
Carlos VI de Alemaña, pretendente á Coroa española co nome de Carlos III

Era o segundo fillo de Leopoldo I, que tivo coa súa terceira muller Leonor Magdalena de Pfalz-Neoburgo. Era, xa que logo, bisneto do rei español Filipe III, o cal permitiulle reclamar os seus dereitos á Coroa de España cando esta quedou vacante pola morte (1700) sen descendencia de Carlos II.

O seu educador foi Antonio Florian de Liechtenstein

O Arquiduque representou así ás aspiracións da Casa de Habsburgo a recuperar a herdanza da súa extinta rama española, enfrontándose aos Borbóns de Francia - que sostiveron a candidatura do que logo sería Filipe V - na Guerra de sucesión española (1701-14), á vez guerra civil e guerra internacional europea.

Trala morte do seu irmán, Xosé I de Austria, recaeron sobre Carlos o Trono de Austria e a Coroa imperial de Alemaña (1711); ao mesmo tempo, a sorte das armas éralle desfavorable na península Ibérica, onde os apoios que tiña nos reinos da Coroa de Aragón non foran suficientes para impedir o triunfo dos Borbóns.

Xa que logo, polo Tratado de Rastatt (1714) renunciou ao Trono español (que reclamaba desde 1703), obtendo a cambio para Austria importantes concesións territoriais en Italia e os Países Baixos, que recoñecían a súa vitoria na guerra fóra da Península.

Ao non ter herdeiros varóns, cambiou a lexislación sucesoria para asegurar o Trono á súa filla María Teresa de Austria (Pragmática Sanción de 1713), o que non impediu que, á súa morte, desatásese a Guerra de Sucesión austríaca (1740-48).

[editar] De Arquiduque a Emperador

O falecemento do seu irmán Xosé I (1711), permitiulle alcanzar a coroa imperial e asinado o Tratado de paz de Rastadt, 1714 renunciou ás súas pretensións sobre España e obtivo o ducado de Milán, Nápoles, Mantua, Cerdeña (intercambiada contra a Sicilia en 1718) e os Países Baixos.

Sen herdeiro masculino, con Carlos VI extinguiríase a liña masculina da familia e para que a súa filla María Teresa herdase os patrimonios territoriais da casa de Habsburgo, promulgou a Pragmática Sanción,1713 que abolía a Lei Sálica pola cal, consegue despois de moitos esforzos, ser unha garantía par toda a Europa (sen embargo, desde a chegada da súa filla, María Teresa, ova a comezar a Guerra de sucesión de Austria).

O seu reino caracterizouse pola Cuadriplícana de 1718-1719, con Francia, Inglaterra e Holanda, destinada a facer fracasar a política de Alberoni. Na guerra de 1716-1718 contra os turcos, Austria, grazas ás vitorias do Príncipe Eugène, conquistou o Banat, o norte de Bosnia, Serbia con Belgrado e unha parte do Valachie, pero volveu perder unha gran parte destes territorios na súa infeliz guerra de 1736-1739.

Realizou unha importante labor reformadora, modernizando o Exército e aumentando os seus efectivos, favorecendo o desenvolvemento económico do país - sobre todo, a industria e a agricultura - e participando no comercio europeo. A política exterior estivo orientada a facer prevalecer o poderío de Austria, o que lle fixo enfrontarse a España en 1717-1719, participar na guerra de sucesión polaca (1733-1738) e provocar unha segunda guerra contra os turcos.

Favoreceu en 1733 a elección do rei de Polonia, Frederico Augusto contra Estanislao, sostido por Francia; con todo, estivo obrigado polo Tratado de Viena,1735. de abandonar a Lorena a Estanislao e Nápoles aos Borbóns de España.

Con Hungría sempre se mantivo cordial. En 1713 convocou á Dieta húngara comprometéndose ante os seus delegados a gobernar segundo as leis do reino, a respectar os dereitos da nobreza e a velar pola integridade territorial. Respecto de os Países Baixos, Carlos pretendeu gobernalos desde Viena, mediante o Consello Supremo dos Países Baixos, integrado polos flamencos e españois, pero isto non foi aceptado, e en 1725 volveu á vella organización tripartita: Consello de Estado, Consello privado e Consello de Finanzas.

A súa morte, acaecida en 1740, desencadeou outra guerra dinástica na que participou media Europa malia que a Pragmática Sanción fora recoñecida pola diplomacia internacional.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com