Carlos II de España
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Carlos II, alcumado o enfeitizado, foi rei de España da dinastía Habsburgo que reinou do 1665 ó 1700. O seu alcume ten que ver coa súa falta de descendencia, comunmente explicada pola consanguineidade da casa Habsburgo. O seu pai foi Felipe IV. Non deixou descendencia.
O seu reinado considérase a decadencia definitiva do Imperio Español que comezou no reinado do seu pai. Trala súa morte desencadeouse unha guerra de sucesión da que saiu vencedor Filipe V, e na que España perdeu os seus dominios en Italia, a illa de Menorca posteriormente recuperada, e o peñón de Xibraltar.