Bibiano Fernández Osorio-Tafall
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bibiano Fernández Osorio-Tafall (1902-), foi doutor en Ciencias Naturais e secretario da Misión Biolóxica de Galicia con Cruz Gallástegui. Foi alcalde de Pontevedra, presidente da Deputación e deputado nacional en dúas lexislaturas. Presidiu a Asemblea de Municipios celebrada en Santiago para discutir e redactar o proxecto de Estatuto de Autonomía que se plebiscitou no ano 1936, tras o seu paro durante dous anos por cuestións políticas. Presidiu o Comité Central de Autonomía.
Osorio-Tafall foi Comisario Xeral do Exército da República Española. No exilio, foi profesor na Universidade Autónoma de México e do Instituto Politécnico. No 1948 incorporouse á ONU; no 55, foi director da Oficina de Agricultura en Chile, e logo en Indonesia e no Exipto. No 64 estivo á frente das operacións de pacificación no Congo e en Chipre. Xubílase como subsecretario xeral da ONU. Adolfo Suárez convidouno a protagonizar o primeiro período autonómico galego.
[editar] Biografías e notas biográficas:
- [1]. Artigo de Isaac Díaz Pardo en La Voz de Galicia do 8/12/2003
- Baldomero Cores: (Librigal 1976)
- Santiago Álvarez: (1992 nº 89 da serie Documentos de Ediciós do Castro)