Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Benás - Benasque - Wikipedia

Benás - Benasque

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Benás (en castelán Benasque) é un municipio da provincia de Huesca (Aragón), situado no corazón dos Pirineos a 143 km da capital en dirección noreste. Pertence ó partido xudicial de Boltaña e forma parte da comarca d´A Ribagorza.


Índice

[editar] Xeografía

As suas coordenadas xeográficas son: 42º 37' N 0º 30' E.

Localizase a 1.140 metros sobre o nivel do mar, xunto ó río Ésera. É centro neurálxico do Val de Benás, chamado tamén o "Val Escondido", e municipio destacado da comarca, onde sobresae polos seus valores paisaxísticos e naturalistas, dado que aquí atópase o Parque Natural de Posets-Maladeta e o pico Aneto.

No seu térmo municipal, que abarca 233'17 km², atópanse os belos pobos de Cerler-Sarllé e Anciles-Ansils, o primeiro deles tamén famoso polas suas pistas de esquí.

A sua poboación é de 2.025 habitantes (2004) e o seu xentilicio: benasqués.

Filolóxicamente é coñecido por ser o lugar de encontro do catalán e do aragonés e falarse un dialecto de transición chamado patués.

Tradicionalmente ten estado moi aislada tanto de Francia como do resto de Aragón (incluso mais). Pensemos que antes da construción do congosto de ventamillo (en torno a 1916), chegar até Graus costaba un día de viaxe, que únicamente poderíase facer andando ou sobre cabalerías. A viaxe a Bagnères de Luchón costaba (e segue a costar) mais de 10 horas.

[editar] Historia

Probablemente fundada polos Romanos, que construiron os primeiros banos de augua sulfurosa na sua actual ubicación, ainda que este feito non está documentado. A referencia documental mais antiga, o Rótulo de Benás, data de 1006 a 1018.

Dende o século XI pertenceu ó Condado de Ribagorza, parte do Reino de Aragón.

A poboación sufriu variacións na historia, alcanzando un máximo en 1870 (1750 habitantes) e un mínimo en 1970 (574 habitantes). Xa no século XXI volveuse a acadar un novo máximo.


[editar] Personaxes importantes

  • D. Antonio Cornel Ferraz Doz e Ferraz. (Benás, 1745 - Valencia, 1821). Militar e político. Foi Ministro da Guerra en 1809. Construiu o edificio dos Banos de Benás. Amigo da Duquesa de Alba.
  • Valentín Ferraz e Barrau. (Anciles, 1793 - O Escorial, 1860). Militar e político. Loitou na Guerra da Independencia e nas guerras coloniais en América e Filipinas. De ideoloxía liberal, foi deputado, senador, Ministro da Guerra por tres veces e alcalde de Madrid.

Sucesos relevantes En 1660 sufriu un forte terremoto. A zona pirenaica ten unha moderada actividade sísmica, polo que producense con certa frecuencia pequenos temblores.

Nos anos 1727, 1834 e 1925 produxeronse grandes avenidas do río Ésera que causaron numerosos danos, entre eles a destrucción das pontes.

Situado nun alto ó norte do pobo, existía dende o século XIII un castelo que foi mandado demoler por Real Decreto en 1858.

Durante a Guerra Civil española, un incendió destruiu boa parte da vila.

En 1939 o porto de Benás foi testigo dunha dura travesía de republicanos que fuxían a Francia.


[editar] Economía

Ainda que a economía xirou tradicionalmente en torno á ganderia e en menor medida a agricultura e silvicultura, nas derradeiras décadas estas actividades prácticamente desapareceran, pasando a ser o turismo a actividade central.

No primeiro terzo do século XX estoupaba unha mina de piritas mais arriba de Cerler. O seu produto baixábase nun teleférico de mais de 3 km de lonxitude, cuxos restos todavía hoxe pódense apreciar uns 500 metros antes da entrada de Benás.

A creación e expansión da estación de esquí de Cerler, así como o crecente turismo de montaña teñen impulsada a construción de numerosos hoteis, edificios de apartamentos, restaurantes, comercios e demais establecementos relacionados.


[editar] Eventos

Festas patronais en honor de San Marcial que se celebran o 30 de xuño. Cerler celébraas o 10 de agosto (San Lourenzo) e o 29 de abril (San Pedro Mártir). Anciles faino o 29 de xuño (San Pedro).

Desde 1994 ven funcionando en verán o Benasque Center for Science, no que científicos de diferentes paises teñen a oportunidade de traballar e intercambiar ideas nun entorno agradable.

Desde 1981 celebrase todolos veráns o Torneo "Open Internacional de Xadrez Vila de Benás"

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com