Arnarulunnguaq
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Arnarulunnguaq (1896-1933) foi unha exploradora grenlandesa
Naceu nunha pequena comunidade inuit, Thule, orfa de pai desde os sete anos, librouse de ser sacrificada como era tradición que sucedera cos nenos e sobre todo nenas máis pequenos cando unha muller quedaba viúva con fillos.
En agosto de 1921 Arnarulunnguaq e o seu home uníronse a unha das súas viaxes de exploración que realizaba o explorador dinamarqués Knud Rasmussen. O seu home morreu pouco despois pola transmisión dunha enfermidade que traían consigo os europeos. Rasmussen pediu a Arnarulunnguaq que regresase cos seus pero ela non considerou esa posibilidade, e o seu gran dominio sobre os cans e as zorra posiblemente foi o que permitiu que a expedición chegase salva a Nome (Alasca) o 31 de agosto de 1924 na que se converteu na máis longa travesía con zorras de toda a historia e con só tres superviventes. De Alasca foron ata Washington onde foi recibida cos outros dous membros da expedición polo presidente Calvin Coolidge e partiu rumbo a Dinamarca, onde enfermou de tuberculose e non puido voltar a Thule ata o verán de 1925, alí volveu casar e morreu en outubro de 1933.