Alessandro Cagliostro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alessandro di Cagliostro (2 de xuño, 1743 – 26 de agosto, 1795) alcume de Giuseppe Balsama que foi personaxe misterioso que se fixo famoso no século XVIII, foi viaxeiro, ocultista e masón, nacido nunha familia humilde de Palermo.
A infancia de Cagliostro non se coñece ben, estudou nun mosteiro e viviu nun mosteiro, escapou de alí e viaxou por Europa e o norte de África, e interesouse pola alquimia. En Roma estableceuse como médico e casou, o conde de Saint-Germain iniciouno na francmasonería en Londres e Cagliostro fundou o rito exipcio da masonería na Haia, viaxou por Rusia, Alemaña e Francia esparexendo o novo rito. Establecido en París en 1722 foi favorito do rei Luís XVI, envolto no caso do colar da raíña, que desacreditou aínda máis á raíña María Antonieta, estivo encerrado na Bastilla durante seis meses e logo expulsado do país. De volta en Roma foi encarcerado pola inquisición e morreu nunha das súas prisións.