Adria
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Adria, comuna da provincia de Rovigo, Véneto, Italia , situada ás beiras do río Tártaro, deu nome ao Mar Adriático, 20.691 habitantes(2003). A lingua tradicional da comuna é o Véneto, na súa variedade central.
Segundo a tradición local a cidade foi fundada por Atri, o rei dos Pelasgos. Entre os séculos X e VI a.C. o territorio está habitado por paleo-véneto que deixaron numerosos restos arqueolóxicos. No século VI a.C. os gregos aséntanse no territorio e no século IV a.C. Adria convértese nunha colonia de Siracusa, no século III a.C. foi ocupada polos galos. No século II a.C. Adria convértese nunha colonia romana. No século V d.C. Adria está gobernada por un bispo, aínda que dende o XIII conta cunha organización comunal, a comezos do século XVI intégrase en Venecia