URI
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
URI son as siglas de Uniform Resource Identifier, Identificador Uniforme de Recursos. Ás veces tamén se utiliza URL co mesmo significado.
Un URI é un enderezo que identifica calquera recurso (servizo, páxina, documento, enderezo de correo eletrónico, enciclopedia ...) accesible nunha rede.
Normalmente un URI consta de dúas partes:
- Identificador do método de acceso (protocolo) ó recurso, por exemplo
http:
,mailto:
,ftp:
- Nome do recurso, por exemplo "//gl.wikipedia.org"
Véase tamén URL, aínda que este último queda englobado polo conceito de URI e está cada vez máis en desuso.