Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Suso Vaamonde - Wikipedia

Suso Vaamonde

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Xesús Vaamonde Polo (Regodobargo, Ponte Caldelas, 20 de decembro de 1950 - 16 de febreiro de 2000) foi un cantautor galego.

Compositor dende os dezaseis anos, Suso Vaamonde, comezou a darse a coñecer na antiga Asociación Cultural de Vigo. Seguindo por este camiño, entrou dende mozo en contacto coa movida roqueira en Vigo, que o levou a formar parte dos grupos musicais Os Copens e Marco Balorento, este último polo 1966, e co que gaña o seu primeiro premio nun festival organizado por unha emisora de radio da cidade. De aí pasa ó movemento Voces Ceibes a principios dos anos 70, deixando un pouco de lado o seu labor de letrista para, acompañado da súa inseparable guitarra, poñer voz e música ós poemas galegos.

Tanto aquí como na súa posterior carreira en solitario, o seu traballo de cantautor xirou sobre un triple pensamento que o acompañou ata o leito de morte: defensa dun pobo, dunha terra e dunha fala. Esta defensa firme dos valores galegos foi o que o levou ó cárcere, pasando a ser considerado un soldado da canción, e o primeiro preso político da democracia. Os feitos aconteceron en xuño de 1979, na pontevedresa praza da Ferrería nun recital antinuclear. Alí, deixándose levar polo fervor do directo, decidiu engadir unha estrofa máis ó popular "Uah!". Este engadido, mostra da súa forte personalidade e fuxida de dobres tinxes, rezaba así:

Cando me falan de España
sempre teño unha disputa
que se España é miña nai
eu son un fillo de puta.

Estas manifestacións foron consideradas "inxurias á Patria con publicidade" e foi condenado en novembro de 1980 a seis anos e un día de prisión. Suso Vaamonde optou por exiliarse, viaxando por Londres e Alemaña e afincándose finalmente na capital venezolana, Caracas. Nestes catro anos fóra de Galicia recibiu apoios de moitos países, pero especialmente de Portugal, a través de artistas que lle prestaron a súa solidariedade: Zeca Afonso, José Mário Branco, Fausto, Adriano Correia de Oliveira,...; personalidades da canción coas que Suso Vaamonde compartiu moitas veces escenario.

No 1984 decidiu volver e entregarse, consciente de que o goberno socialista estaba a revisar condenas derivadas de vellos rancores e inxustizas do réxime anterior. Logo de 46 días no cárcere de Ourense, un indulto liberouno definitivamente: pode que nisto influíse a propia petición de revisión de condena que Suso Vaamonde fixera ó naquel entón presidente Felipe González; nembargante, foi o seu antigo compañeiro de Voces Ceibes, Xaime Barreiro Gil (Chuspe), quen máis forte presión fixo dende o seu posto de senador socialista. O seu carácter agradecido fixo que, unha vez indultado, ofrecera un recital no cárcere ourensán onde estivera recluído, na honra dos que ata o momento foran os seus compañeiros.

Desta etapa é mester reiterar o feito de que, pese as súas fortes conviccións nacionalistas de esquerdas, o Suso Vaamonde cantautor non estaba ligado a sigla política algunha, por iso tampouco ningunha sigla denunciou determinantemente a inxustiza que el sufriu. Posteriormente a estes duros anos, que de seguro os empuxaron a seguir loitando en contra das inxustizas, volveu comezar unha xira por tódolos escenarios de fóra e dentro de España onde houbese algo que reivindicar. O seu obxectivo non era outro que o de seguir loitando por un mundo no que aínda había moito por facer; loitaba como el mellor sabía: a través de discos, colaboracións, e demais actividades que tivesen que ver coa música e coa proclama a través da palabra.

Nos últimos anos o seu traballo centrouse na produción de diferentes artistas e grupos musicais, a través do seu propio selo discográfico, Trebón. Con esta creación conseguiu un importante obxectivo: relanzar novos valores e axudar á creación musical galega en diferentes estilos (corais, bandas de música, rock,...), se ben isto xa o fixera sempre, empuxando á formación de grupos tan afamados como A Roda (no que coincidiu co seu irmán Luís).

O 12 de novembro de 1999 recibiu un homenaxe en Salvaterra do Miño, nun acto celebrado pola Sociedade Cultural e Recreativa do Condado, en agradecemento e recoñecemento do labor e traxectoria do cantautor. Alí xa se sabía que no verán dese mesmo ano se lle detectara un cancro, pouco despois de realizar o seu último recital, en honra ó seu amigo e entón alcalde de Moraña, José Eiras, que se xubilaba comoa mestre. Logo xa non puido cantar máis... ata o día da súa homenaxe (ou, ó menos, intentouno).

No pavillón, lugar onde se celebraba esta homenaxe, había arredor dos 3.000 asistentes e un sen fin de artistas galegos que tamén lle tiñan moito que agradecer: A Quenlla, Muxicas, Bieito Romero (Luar na Lubre), Emilio Cao, Uxía Senlle, Tino Baz, Saraibas, As Cantareiras do Berbés, María Manuela, A Roda, Treixadura,... Con dicir que o acto comezou ás 22 horas e ás 5 da madrugada aínda había artistas tocando. Aquel día Suso Vaamonde tamén quixo subir ó escenario e agradecer aquela celebración, mais quen subiu foi un cantautor rouco e con bágoas nos ollos que, coa terquedade e a loita que o caracterizara durante toda a súa vida, asegurou que a forza de todos lle axudarían a matar o "becho", como el lle chamaba á súa letal enfermidade.

A "Persoa máis representativa na historia da música do noso país" , en palabras do poeta Manuel María, morreu o 16 de febreiro de 2000, cando contaba con 49 anos de idade, sobre as 7 da mañá, na Clínica Fátima de Vigo. Este fatídico feito supuxo un golpe forte para a identidade e a música galegas, en opinión de diferentes persoeiros da vida cultural . O seu pasamento tivo en medios de comunicación a repercusión da que, sen embargo, prescindiran as súas cancións. O funeral pola súa morte levouse a cabo na Igrexa dos Xesuítas, onde estudiara dende os once anos: funeral destacable porque incluso nesta triste cerimonia soaron as súas cancións en voces de compañeiros e do seu irmán Luís. Posteriormente, veu a súa homenaxe en morte. Foi o sábado 19 de febreiro de 2000 á beira do río Oitavén, onde se verteron definitivamente as súas cinsas, tal e como el pedira. Alí reuníronse representantes da vida cultural e política galegas, ademais de xente do pobo, co fin de unir música e poesía para despedir a alguén que xa o fixera en vida, converténdose nun referente da música de compromiso da nosa terra.

Baixo lemas e bandeiras de diferentes cores, interpretaron cancións que Suso Vaamonde popularizara, grupos como A Quenlla, A Roda, Pilocha ou Tino Baz, e recitaron poemas diferentes escritores presentes, coma Méndez Ferrín ou Bernardino Graña. Tamén se leron escritos redactados especialmente para esta homenaxe, por poetas coma Álvarez Cáccamo e Manuel María: todos eles expresaron o seu sentir por un home e cantautor que, segundo eles, terá páxina de honra na historia de Galicia.

O himno galego soou cando as cinsas foron vertidas no río, e, coma colofón final, os presentes entoaron o "Volvín á terra pro perdín o amor" , de Bernardino Graña, que tan popular fixera en vida Suso Vaamonde. Cabe salientar unhas palabras de Méndez Ferrín neste acto de despedida: "Suso terá sempre coa súa palabra de esperanza o sentimento de home ceibe". No lugar onde as súas cinsas foron esparexidas érguese hoxe unha placa conmemorativa, ó igual que nalgunha que outra rúa de vilas como Chapela, Redondela.

[editar] Ligazóns externas

Outras linguas
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com