Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Sharon Stone - Wikipedia

Sharon Stone

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Sharon Stone. A mítica actriz na decada dos noventa.
Agrandado
Sharon Stone. A mítica actriz na decada dos noventa.

Sharon Stone é unha actriz americana nada en Meadville, unha pequena localidade de Crawford County (Pennsilvania, USA) o 10 de marzo de 1958. Coñecida de antes, fíxose famosa pola película de Paul Verhoeven, Basic Instinct. Pero as orixes da vida deste muller semellaronse a de moitas actrices, pero cunhos tintes un tanto diferentes.

[editar] Biografía

Filla de pai traballador dunha fábrica (de nome: Joseph) e nai ama de casa (de nome: Dorothy, que as veces se adicaba a vender productos Avón), formaban típica familia de clase media-alta. É a segunda de 4 irmáns, o primeiro (Michael), tamén se adica a actuación; e os dous derradeiros (Patrick e Kelly); a quen Sharon deixaría a supervisión da ONG Planet Hope (creada no 1991) para axudar a nenos sen fogar.

De nena demostrou poseer, a vez que estudaba no instituto Saegertown un coeficiente intelectual moi alto (IQ 154) feito que lle valeu formar parte da asociación MENSA, anos máis tarde (un grupo de xente superdotada no nivel intelectual). Estudou perante unha beca de arte e escritura na Universidade de Edinboro (Pennsylvania). Universidade a que logrou entrar grazas as saus boas calificacions escolares a idade de 15 anos, estudos que alternou co seu primeiro traballo de despachadora nun mostrador de McDonald's. Por aquel entonces era tamén a gañadora dos certámenes de beleza da mesma universidade.

Os 17 anos gañou o concurso de beleza Miss Pennsylvania. Isto animou a aquela moza de entonces a dar un paso máis, contaba co visto bo de seus pais, e comezou como modelo na axencia Eileen Ford (en Nova York) e, dende as pasarelas e as reportaxes fotográficas, consegue chama-la atención dos “caza-talentos” do cine americano, que foron conscientes do que unha xove rapariga loira e de formas moi rotundas podía obter nunha industria sempre necesitada de caras novas. O mesmo tempo xa estudaba interpretación con Jack Waltzer e Marilyn Freid. Apareceu en anuncios para televisión anunciando marcas como Clairol, Revlon, Goodyear, Fabergè, e Diet Coke.

Durante un desfile de modas de Valentino; foi sen embargo Woody Allen quen lle ofreceu unha oportunidade para debutar no cine, cun pequeno papel en Recuerdos (1980), cando Sharon contaba apenas 21 anos. Na película, que denotaba as claras a admiración de Allen polo cine europeo, Sharon Stone interpreta a unha pantasma sensual e suxerente. A sua actuación serviulle para iniciar unha serie de traballos en filmes moi menores (da que daremos conta na súa filmografía), onde a sua presenza era secundaria ou non pasaba de explota-lo seu físico, sen contar máis ben coma protagonista nos títulos moi pouco representativos. Deste periodo tal vez cabe sinalar o seu traballo co francés Claude Lelouch en Los unos y los otros (1981), así como a sua aparición nunha pequena serie de películas de aventuras que trataban de reproduci-lo éxito no pasado das suas antecesoras: Las minas del rey Salomón (1985) e Quatermain en la ciudad del oro (1986), que, segundo outros autores foron máis ben de cine B, e que non pasaron de ser discretos intentos de actualización das obras que, no xénero de aventuras, foron no seu día moi admiradas.

No canto o seu traballo tivo a opción de alternarse en series de TV; algunhas delas son: Mike Hammer, Magnum e Remington Steele. O 18 de agosto de 1984 casouse por primeira vez con Michael Greenburg (productor de series coma de McGyver), pero o seu matrimonio durou pouco (o divorcio foi 20 de xaneiro de 1987). Non faltou que acreditou un anterior casamento con George Englund Jr. a cuio casamento e posterior divorcio nos son descoñecidas. Sen embargo o 14 de febreiro de 1998 casa de novo co redactor Phil Bronstein, editor do xornal San Francisco Examiner, con quen adoctaria un fillo, Roan José (nado o 22 de maio do 2000 en Texas). Pero o casamento tampouco durou moito, o 29 de xaneiro do 2004 volvia a haber un novo divorcio. O parecer tivo relacións sentimentais co productor executivo Barry Josephson, músico de country Dwight Yoakam, o axudante de director Bob Wagner, productor Bill McDonald e o empresario Michael Benasra, aunque nada hai de claro nisto. Nestes tempos descubrese a súa alexia a cafeina, ademáis dunha cicatriz que se fixera de pequena montado a cabalo e da que lle quedou unha pequena marca na dereita do cuello. Outros autores reseñan que tamén padece de diabete e de asma (informacións das que a actriz non dixo nada). Sen embargo é certo que no outubro do 2001 estivo ingresada un certo tempo a causa dun aneurisma no cerebro.

Volvendo os finais dos oitenta traballa en España, en Sangre y arena (1989), unha nova versión da famosa novela de Vicente Blasco Ibáñez, dirixida por Javier Elorrieta. Un ano máis tarde, o holandés Paul Verhoeven dalle un papel secundario, pero de relativa importancia, en Desafío total (1991), unha historia de ciencia ficción protagonizada por Arnold Schwarzenegger, na que a actriz interpretaba a sua muller. A película obtivo bos resultados na taquilla e o seu director quedou moi satisfeito coa actuación de Sharon.

Un flash da película Instinto Básico que tanta polémica causou polo cruce-descruce de pernas da mesma actriz.
Agrandado
Un flash da película Instinto Básico que tanta polémica causou polo cruce-descruce de pernas da mesma actriz.

O seu gran momento chegaría pouco despois, cando o propio Verhoeven ofrecelle o principal papel feminino de Instinto básico (1992). A película foi un éxito que rebasou o puramente cinematográfico, para internarse no terreo do sociológico. A sua estructura policíaca e un erotismo algo máis explícito do habitual nunha película destinada a ser exhibida en salas comerciais, aquél cruce e descruce de pernas propiciou que a crítica e o público interesaranse por este filme. Sharon tivo sorte, pois a persoaxe fora rechazada antes por diversas actrices -entre as que se atopaban Julia Roberts e Ellen Barkin- que consideraban que o seu contido sexual non conviña as suas carreiras. Soubo captar que aquela era a sau gran oportunidade e aceptou todalas condicions que o director lle puxo. Pero ademáis, demostrou que poseía non so beleza senon capacidade dramática para dar de si máis do que muitos crían. A suu actuación xunto a Michael Douglas converteuse nunha das palancas decisivas para a popularidade da película e, grazas a ela, Sharon viu multiplicarse as suas posibilidades na industria e as suas ganancias aumentaron extraordinariamente. Por aquel entonces a súa caché era de 750.000 dolares, e incluso foi nomina para o Globo de Ouro a mellor actriz nese ano.

Sen embargo aún tería que pasar certo tempo antes de que unha maioría de profesionais recoñeceran a sua categoría. Para moita xente continuaba sendo unha cara bonita, un corpo proporcionado e pouco máis. A selección de títulos realizada tras Instinto básico non foi moi acertada, aunque contribuiu a mante-la no alto do show-business, rodando con actores de grande popularidade como Sylvester Stallone e directores de certo culto, coma no caso de Sam Raimi.

A mediardes da década dos noventa volve o máis alto e, esta vez sí, gañase o respeto da crítica especializada. Debello a Martin Scorsese quen, na contra da opinión de muitos, dalle o primeiro papel feminino de Casino (1995), o caron de Robert de Niro. O éxito da película foi relativo, todos estiveron dacordo en que Stone lograra unha magnífica actuación nunha persoaxe chea de rexistros e nos seus encantos tiñan que agocharse por esixencias do guión. De rapariga atolada a alcohólica, a interpretación da actriz valeulle o Globo de Ouro a mellor actriz e ser nominada para o Oscar, pero non acadou o premio da Academia.

Nas suas actuacions posteriores tratou de coidar algo máis a elección dos traballos, procurando incluso involucrarse en proxectos que tiñan certo respaldo intelectual ou tivesen relación con temas máis ou menos comprometidos, coma poden ser Condenada (1996), de Bruce Beresford, nova incursión no tema da pena de morte, ou Un mundo a su medida (1998), de Peter Chelson, na que se plantexan as relacions entre un xigantón débil mental e un rapaz cunha enfermidade dexenerativa. A pelicula valeulle para unha nova nominación o Globo de Ouro a mellor actriz. Tamén unha nova versión do policíaco Gloria (1999), que dirixiera no seu día John Cassavetes, coa sua dona Gena Rowlands foi protagonizada por Sharon. Neste tempo volve a ser acadada para unha nova denominación o Globo de Ouro pola pelicula La musa. A súa cache aumentou na valoración ata 6.000.000 dolares.

Cando sobrepasa os corenta anos, Sharon Stone consegue ser unha estrela e abrirse paso coma actriz (conta cunha das voces máis interesantes do conxunto de actrices de final do seculo en Hollywood). A sua face é unha das máis populares da industria do cine e sempre, indiscutiblemente, será un dos reclamos de calquer carteleira que se prece. No ano 2000 participou na campaña do Dereitos do Home na defensa dos dereitos dos homosexuais. Esta muller deu moito que falar xa que, tras haber aparecido espida na revista PlayBoy (ano 1999) e, durante a campaña de defensa dixo textualmente "As mulleres quizais sexan capaces de finxi-los orgasmos. Pero os homes poden finxi-las relacións enteiras" nun intento de demanda para que o governo dera luz verde a istes temas.

Sharon Stone. A súa nova imaxe de productora e directora.
Agrandado
Sharon Stone. A súa nova imaxe de productora e directora.

No 2002 Sharon Stone foi presidenta do xurado no Festival Internacional de Cine de Cannes 2002. O seu carón estaban outros membros de recoñecido pretixio coma: David Lynch, Christine Hakim, Claude Molinero, Michelle Yeoh, Raoul Ruiz, Régis Wargnier e Walter Salles. No 2003 trala separación de bens, Sharon Stone comeza a vivir na residencia de Os Anxeles (California) mentres que Phil Bronstein ocupa sua casa de San Francisco. Centrase no tema que máis lle gusta, as peliculas en branco e negro (as súas favoritas, segundo ten aparecido en diversos xornais, son as de Fred Astaire e Ginger Rogers). A vida desta muller tamén estivo envolta en polemicas, coma a demanda posta pola ama de chaves anterior de Stone (Socorro del Carmen), na cal non se calificaba culpable polo roubo de 300.000 dolares en alaxas de xollería e outros obxectos de valor. Sharon, tamén provou a facer peliculas coma directora, unha delas, "The Quick and the Dead" foi rodada xunto a compaña do director Sam Raimi. A cousa foi ben xa que Stone tiña na súa propiedade unha compañía de producción creada por ela mesma.

No 2004 Sharon Stone demandou o luns 13 de decembro a un ciruxano plástico de Berverly Hills (California), acusado de declarar falsamente a prensa que lle había realizado un lifting, e así poñer en perigo a sua carreira de actríz. Tamén en abril do mesmo ano recibe a medalla do National Center pola defensa dos colectivos de lesbianas de San Francisco o que supón unha ivolucración nas organizacions destes colectivos perante a loita contra o Sida. É unha das persoas de maior prestixio dentro da organización de investigación do Sida, Amfar. Alterna as súas estancias entre a súa casa de Beverly Hills, California, e o rancho en Nova Celanda.

Dentro do 2005, concretamente o 28 de xaneiro, no Foro Económico Mundial (Suiza) fixo unha doazon de 100.000 dolares para recontruccións dos asentamentos destruidos e en límites de pobreza despois dunha guerra. O 7 de maio, Stone, con 47 anos, adopta unha pequena nacida en Texas de pais descoñecidos a que lle pon o nome (o 11 do mesmo mes) de Laird Vonne Stone. O 20 de maio recibe a Orden de Artes e Letras francesas durante o 58º edición do Festival Internacional de Cannes. O longo a súa traxectoria cinematográfica, compaxinou a súa carreira de actriz, con outras aparicions en series de TV (xa señan coma actriz ou coma hospede nalgun programa) e con outras aficións das que daremos conta a continuación.

[editar] Filmografía

  • 1980: (Stardust Memories) Recuerdos. Actriz secundaria. Dirixida por Woody Allen.
    Magnum. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    Silver Spoons. Serie de TV. Realiza un capítulo.
  • 1981: (Deadly Blessing) Bendición mortal. Interpreta a Lana Marcus. Dirixida por Wes Craven.
    (Les Uns et les autres) Los unos y los otros. Actriz secundaria. Dirixida por Claude Lelouch.
  • 1982: Not Just Another Affair. Pelicula para TV, interpreta a Lynette. Dirixida por Steven Hilliard Stern.
  • 1983: (Les Uns et les autres) Los unos y los otros. Serie de TV, actriz secundaria. Dirixida por Claude Lelouch.
    Bay City Blues. Serie de TV, actriz secundaria.
    Remington Steele. Serie de TV. Realiza un capítulo.
  • 1984: (Irreconcilable Differences) Diferencias irreconciliables. Interpreta a Blake Chandler e Amanda. Dirixida por Charles Shyer.
    Calendar Girl Murders. Pelicula de TV, interpreta a Cassie Bascomb.
    The Vegas Strip War. Serie para TV, interpreta a Sarah Shipman. Realiza un capítulo.
    Magnum, P.I. Serie de TV. Realiza 3 capítulos.
    Mike Hammer. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    Mickey Spillane’s. Serie de TV. Realiza un capítulo.
  • 1985: (King Solomon's Mines) Las minas del rey Salomón. Interpreta a Jesse Huston. Dirixida por J. Lee Thompson.
    T.J. Hooker. Serie de Tv. Realiza un capítulo.
  • 1986: Parting Glances. Actriz secundaria. (realiza traballo de composición da obra).
  • 1987: (Allan Quatermain and the Lost City of Gold) Quatermain en la ciudad perdida del oro. Interpreta a Jesse Huston. Dirixida por Gary Nelson.
    Cold Steel. Interpreta a Kathy Connors. Dirixida por Dorothy Ann Puzo.
    (Police Academy 4: Citizens on Patrol) Loca academia de policía IV. Interpreta a Claire Mattson. Dirixida por Jim Drake.
  • 1988: (Tears in the Rain) Por encima de la ley. Pelicula para TV, interpreta a Casey Cantrell. Dirixida por Andrew Davis.
    (Action Jackson) Acción Jackson. Interpreta a Patrice Dellaplane. Dirixida por Craig R Baxley.
    Above the Law. Interpreta a Sara Toscani.
    War and Remembrance. Serie para TV, interpreta a Janice Henry.
  • 1989: (Beyond the Stars) Más allá de las estrellas. Interpreta a Laurie McCall. Dirixida por David Saperstein.
    Sangre y arena. Interpreta a Doña Sol. Dirixida por Javier Elorrieta.
  • 1990: (Total Recall) Desafío total. Interpreta a Lori. Dirixida por Paul Verhoeven.
    The Making of 'Total Recall'. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    Late Night with David Letterman. Documental de TV. Dirixe ela mesma.
  • 1991: (Diary of a Hitman) Diario de un asesino a sueldo. Interpreta a Kiki. Dirixida por Roy London.
    (He Said, She Said) El dijo, ella dijo. Interpreta a Linda. Dirixida por Ken Kwapis e Maria Silver.
    (Year of the Gun) El año de las armas. Interpreta a Alison King. Dirixida por John Frankenheimer.
    Scissors. Interpreta a Angie Anderson. Dirixida por Frank de Felitta.
    Where Sleeping Doeg Lie. Actriz secundaria. Dirixida por Charles Finch.
  • 1992: (Basic Instinct) Instinto básico. Interpreta a Catherine Tramell. Dirixida por Paul Verhoeven.
    Saturday Night Live. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    De tú a tú. Programa de TV. Unha entrevista.
    The 64th Annual Academy Awards. (copresentadora).
  • 1993: (Sliver) Acosada. Interpreta a Carly Norris. Dirixida por Phillip Noyce.
    (Last Action Hero) El último gran héroe. Interpreta a Catherine Tramell. Dirixida por John McTiernan.
    Tal cual. Programa de TV. Unha entrevista.
    Harlow: The Blonde Bombshell. Dirixe ela mesma.
    1993 MTV Movie Awards. Documental para TV. Dirixe ela mesma.
    The 65th Annual Academy Awards. (presentadora).
    Comic Relief: Baseball Relief '93. Dirixe ela mesma.
  • 1994: Intersection. Interpreta a Sally Eastman.
    (The Specialist) El especialista. Interpreta a May Munro e a Adrian Hastings. Dirixida por Luis Llosa.
    The Larry Sanders Show. Programa de TV. Unha entrevista.
    The 66th Annual Academy Awards. (presentadora, subdirectora). Mellor programa do ano.
    The Comedy Hall of Fame. Dirixe ela mesma.
  • 1995: (Happily Ever After: Fairy Tales for Every Child) Entre dos mujeres. Película de TV. (pon a voz e fai de narradora). Dirixida por Mark Rydell.
    (The Quick and the Dead) Rápida y mortal. Interpreta a The Lady. (coproductora) Dirixida por Sam Raimi.
    Casino. Interpreta a Ginger McKenna e a Rothstein. Dirixida por Martin Scorsese.
    Roseanne. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    Dennis Miller Live. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    The Celluloid Closet. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    The 67th Annual Academy Awards. (presentadora, subdirectora). Mellor programa do ano.
  • 1996: (Diabolique) Diabólicas. Interpreta a Nicole Horner. Dirixida por Jeremiahs Chechik.
    Condenada. Actriz secundaria. Dirixida por Bruce Beresford.
    Last Dance. Interpreta a Cindy Liggett.
    Ruby Wax Meets. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    Film '72. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    MTV Video Music Awards 1996. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    Catwalk. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    The Good, the Bad & the Beautiful. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    The 68th Annual Academy Awards. (presentadora, subdirectora). Nominada a mellor actriz e copresentadora.
  • 1997: The American Film Institute Salute to Martin Scorsese. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    Big Guns Talk: The Story of the Western. Serie para TV. Dirixe un capítulo.
    Off the Menu: The Last Days of Chasen's. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
  • 1998: (The Mighty) Un mundo a su medida. Interpreta a Gwen Dillon. Dirixida por Peter Chelsom.
    (Antz) Hormigas (pon a voz e interoreta a Princess Bala) Dirixida por Eric Darnell e Tim Johnson.
    (Sphere) Esfera. Interpreta a Dr. Elizabeth 'Beth' Halperin. Dirixida por Barry Levinson.
    The Roseanne Show. Programa de TV. Unha entrevista.
    Dennis Miller Live. Programa de TV. Unha entrevista..
    Hollywood Salutes Arnold Schwarzenegger: An American Cinematheque Tribute. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    The 70th Annual Academy Awards. Dirixe e presenta ela mesma.
    Junket Whore. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    The Rosie O'Donnell Show. Programa de TV. Unha entrevista.
  • 1999: Simpático. Interpreta a Rosie Carter.
    Gloria. Interpreta a Gloria. Dirixida por Sidney Lumet.
    (The Muse) La Musa. Interpreta a Sarah Little. Dirixida por Albert Brooks.
    (The Sissy Duckling) Círculo de Engaños. (pon a voz e fai de narradora). Dirixida por Matthew Warchus.
    Inside the Actors Studio. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    The Stars of Star Wars: Interviews From the Cast. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    Forever Hollywood. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    AFI's 100 Years... . Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    Jews and Buddhism: Belief Amended, Faith Revealed. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
  • 2000: If These Walls Could Talk 2. Interpreta a Fran (só durante unha parte da película).
    (Picking up the Pieces) Cachitos Picantes. Interpreta a Candy Cowley. Dirixida por Alfonso Arau.
    Beautiful Joe. Interpreta a Alice 'Hush' Mason. Dirixida por Stephen Metcalfe.
    Larry King Live. Programa de TV. Unha entrevista.
    In the Shadow of Hollywood. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    CyberWorld. Traballo para TV. (pon a voz e fai de Princess Bala).
    Beyond the Summit. Traballo para TV. (pon a voz e fai de narradora).
  • 2001: Imagining 'Total Recall'. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    Blonde Poison: The Making of 'Basic Instinct'. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
  • 2002: Harold and the Purple Crayon. Serie de TV. (fai de narradora).
    Leute heute. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    Who Is Alan Smithee?. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    The 74th Annual Academy Awards. Dirixe e presenta ela mesma xunto a Jhon Travolta.
    Searching for Debra Winger. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    AFI Life Achievement Award: A Tribute to Tom Hanks. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
  • 2003: (Cold Creek Manor) La Casa. Interpreta a Leah Tilson. Dirixida por Mike Figgis.
    Primetime Glick. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    Larry King Live. Programa de TV. Unha entrevista.
    Ellen: The Ellen DeGeneres Show. Programa de TV. Unha entrevista.
    The Practice. Serie de TV. Realiza 4 capítulos.
    Late Show with David Letterman. Programa de TV. Unha entrevista.
    Celebrity Naked Ambition. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    The 60th Annual Golden Globe Awards. Traballo para TV. (presenta, mellor actriz na comedia musical.
    Hollywood's Hottest. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    Sex at 24 Frames Per Second. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
  • 2004: (A Different Loyalty) Tercera Identidad. Interpreta a Sally Tyler e a Cauffield. Dirixida por Marek Kanievska.
    Catwoman. Interpreta a Laurel Hedare. Dirixida por Pitof.
    Tinseltown TV. Programa de TV. Unha entrevista.
    The Graham Norton Effect. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    The View. Programa de TV. Unha entrevista.
    4Pop. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    Larry King Live. Programa de TV. Unha entrevista.
    E! 101 Most Starlicious Makeovers. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    The Ultimate Hollywood Blonde. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    Rules of the Genre. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    The 61st Annual Golden Globe Awards. Traballo para TV. Dirixe e presenta ela mesma.
    The Second Annual TV Land Awards: A Celebration of Classic TV. Traballo para TV. Dirixe e presenta ela mesma.
    Moving Image Salutes Richard Gere. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    MTV Movie Awards 2004 Pre-Show. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    2004 MTV Movie Awards. Traballo para TV. Dirixe e presenta ela mesma.
    ESPY Awards. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    Jiminy Glick in La La Wood. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    The 56th Annual Primetime Emmy Awards. Traballo para TV. Dirixe e copresenta ela mesma.
    VH1 Big in 04. Traballo para TV. Dirixe e presenta ela mesma.
  • 2005: (Broken Flowers) Flores rotas. Interpreta a Laura. Dirixida por Jim Jarmusch.
    Alpha Dog. Interpreta a Olivia Mazursky. Dirixida por Nick Cassavetes. (estase a rematar o filme, a versión en español probablemente non aparecerá ata o 2006).
    (Basic Instinct 2: Risk Addiction) Instinto Básico II, Adicción al Riesgo. Interpreta a Catherine Tramell. Dirixida por Michael Caton-Jones. (Interpreta a Karen. (a versión en español a finais de marzo do 2006).
    Higglytown Heroes. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    The Contender. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    Will & Grace. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    The 77th Annual Academy Awards. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    A&E Biography: Sylvester Stallone. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    Special Thanks to Roy London. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    Wassup Rockers. (productora executiva). Drama dirixido por Larry Clark.
  • 2006: Cougars. Interpreta a Mrs. Robinson. (sen director confirmado).
    Never Change. (basa sobre a novela de Elizabeth Berg). Dirixida por Sharon Stone.
    If I Had Known I Was a Genius (Si hubiese sabido que era un genio). Interpreta a Gloria. Dirixida por Dominique Wirtschafter. Posiblemente non aparecerá ate o 2007.
    Bobby. Interpreta a Miriam. Dirixida por Emilio Estevez. Posiblemente non aparecerá ate o 2007.
    When a Man Falls in the Forest (Un hombre caido en el bosque). Interpreta a Karen. Dirixida por Ryan Eslinger. Posiblemente non aparecerá ate o 2007.
  • Polo de agora traballou en 3 capitulos da serie "Huff", interpretando a Dauri Rathburn.

(Os datos das películas no trocante o 2006, non son conclusos; por falta de confirmación definitiva das fontes consultadas).

[editar] Ligazóns Externas

Personalidades en progreso: Este artigo relacionado coa historia é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com