Scott Weiland
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Scott Weiland (nacido o 27 de outubro de 1967 en Santa Cruz, California) é un músico estadounidense. Foi o cantante da banda de rock Stone Temple Pilots, e actualmente o é da banda Velvet Revolver.
[editar] Biografía
Scott Weiland comezou a súa carreira musical como vocalista da banda Mighty Joe Young en 1987, que tocaban en bares por todo o sur de California, de Los Angeles a San Diego. A reputación da banda foi medrando ata que asinaron coa discográfica Atlantic e rebatizaron a banda como Stone Temple Pilots.