Profundo (mitoloxía)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os Profundos (the Deep Ones, no inglés orixinal) son criaturas ficticias que creou H.P. Lovecraft e que apareceron por primeira vez n'A Sombra sobre Innsmouth.
Son seres recorrentes nos Mitos de Cthulhu, e son relacionados normalmente con elementos destes como o pobo de Innsmouth, a cidade submariña de Y'ha-nthlei, a Orde Esotérica de Dagón, e os seres chamados Pai Dagón e Nai Hidra.