Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Polbo - Wikipedia

Polbo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Faltan ligazóns internas neste artigo. Por favor, wikifíqueo.
Polbo
octopus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Cephalopoda
Ordem: Octopoda
Familias
14 en dúas subordes, ver abaixo

Os polbos son moluscos mariños da clase Cephalopoda e da orde Octopoda, que significa "oito pés". A súa característica principal é unha coroa de oito tentáculos con fortes ventosas na cabeza, á volta da boca. Como o resto dos cefalópodos, o polbo ten un corpo mole mais non ten esqueleto interno (como as lulas) nin externo (como o nautilus. Como medios de defensa, o polbo posúe a capacidade de botar tinta, camuflaxe (conseguida a través dos cromatóforos) e autonomía dos seus tentáculos.

É difícil decidir cal é o aspecto máis fascinante dos polbos. Poderíamos dicir que, variando amplamente os detalles, todos eles teñen a mesma estructura básica, e todos son predadores. Ou poderíamos comezar dicindo que a única parte ríxida do seu corpo é o bico córneo co cal despedaza as súas presas. Tal vez fose mellor iniciar polos seus ollos, moi semellantes en estructura aos nosos propios, aínda que teñan evolucionado de forma enteiramente diferente; ou entón polo feito de posuír tres corazóns, ou pola combinación de inacreditable forza con delicadísimos sentidos de tacto e paladar presentes nos seus centos de ventosas, grazas ás cales practicamente calquera cousa quedará irremediablemente capturada así que o brazo do polbo tocar a súa superficie.

Por outra banda, os polbos son moluscos, ou sexa, entre os seus parentes máis próximos podemos enumerar caracois, "danzarinas españolas" , un tipo de lesma do mar, e ostras - todos eles animais de movementos lentos e simples, en gran parte herbívoros, raspadores de detritos ou filtradores de plancto, seres que case invariablemente pasan a vida agachándose dentro de carapazas e dificilmente dan a máis remota demostración de intelixencia.

Do mesmo tronco xurdiron, no Período Cámbrico, os cefalópodos, aparentemente a partir dos gasterópodos (caramuxos e os seus parentes). A semellanza é relativamente fácil de percibir, especialmente ao ver un náutilo, o máis primitivo dos cefalópodos vivos, que posúe unha grande cuncha espiral da cal abrochan os seus innumerábeis tentáculos e mailos seus ollos simples. Os tentáculos dun caracol de xardín, por exemplo, son catro: dous deles sustentan os ollos e dous os órganos olfactivos e gustativos. A "barriga" do caracol é na verdade o seu pé, que utiliza movementos ondulantes para deslocalo coa súa coñecida lentitude. gasterópodos mariños de estructura semellante poden ter desenvolvido unha forma con nado libre, multiplicando o número de tentáculos e criando unha forma de propulsión a chorro (un sifón que execta auga por medio de músculos poderosos e así permite un deslocamento bastante rápido).

Polbo. Acuario da Coruña
Agrandado
Polbo. Acuario da Coruña

Máis tarde outros cefalópodos tiveron diferentes tipos de cunchas, con varios formatos, por veces estraños, e algunhas formas pasaron a dispensar a cuncha en favor dunha locomoción máis leve e maior liberdade de movemento. Xurdiron así as formas das xibas, que posúen unha pequena cuncha espiral escondida no interior do corpo, das lulas, calamares e potas, que conservan só unha lamina fina que sustenta o eixo do corpo, e dos polbos, que perderon (case sempre) todo resquicio de cuncha.

Mais esas mudanzas foron acompañadas de moitas outras, que acabaron xerando unha das formas máis intrincadas e adaptábeis que coñecemos. Os tentáculos desenvolveron ventosas e outras estructuras para coller ás víctimas, e tamén gañaron músculos máis potentes e movementos máis áxiles (chegando a "botes" rápidos, como por exemplo o dos tentáculos da lula). Para permitir eses movementos vigorosos, o sistema circulatorio (que forma o esqueleto hidrostático) foi amplamente mellorado; e para coordinalos o sistema nervioso aumentou de tamaño e eficiencia. Para mellor utilizar todos eses recursos, desenvolveron ollos de gran complexidade, capaces de focalizar, distinguir cores e producir a visión binocular (como a nosa, que dá mellor percepción de profundidade).

Non é realmente de estrañar que predadores que desas maneiras estaban gañando tamaño, axilidade e vida libre, e polo tanto tornándose máis visíbeis, acabasen desenvolvendo estratexias de mimetismo. Os cefalópodos superiores (chocos, lulas e polbos) chegaran ao extremo de teren todo o corpo cuberto por células pigmentadas ligadas a células musculares - os cromatóforos, que rexidas polo seu poderoso sistema neuronal producen mudanzas de cor e inclusive padróns móbiles (as ondulacións de negro e branco dun choco son tan asombrosas como as sucesivas mudanzas de tonalidade dun polbo).

O polbo, así, é membro dun grupo incriblemente orixinal, que criou as súas propias estratexias de sobrevivencia en canto metade do reino animal innovaba ben menos nas solucións. De entre tódolos cefalópodos, o polbo é tamén bastante único: tendo perdido todo resquicio de cuncha, o seu corpo é capaz de estreitarse para pasar por case calquera abertura, encanto os seus tentáculos desenvolveron independencia e axilidade ata o punto de se tornaren verdadeiros brazos - oito deles (de onde o nome latino, Octopus, que é tamén o nome do xénero máis común de polbos). Cada brazo é un órgano incriblemente versátil, dotado de ventosas e dunha musculatura poderosísima. Se fose perdido durante unha cazada (ou durante unha fuga), o brazo crecerá novamente. E mesmo nos machos, un dos brazos fai as veces de pene (brazo hectocotilo)introducindo paquetes de esperma no manto da femia.

A reproducción dos polbos, ademais, non é menos notable do que o resto das súas vidas. Despois do aparellamento, que pode durar varias horas entre o inicio da corte (durante a cal machos concorrentes poden competir de diversas formas para establecer dominación, sen necesariamente entrar en combate) e a fecundación, o macho e maila femia sepáranse e esta última continua a vivir normalmente ata que chegue o momento de desovar. O niño, que xeralmente é un oco de pedra ou calquera outro local abrigado que ela limpa minuciosamente con seus tentáculos (dotados de sensores de paladar, os tentáculos poden identificar impurezas invisíbeis ao ollo), recebe de centenas a millares de ovas, dependendo da especie da femia; ela permanece mantendo o local limpo e soprando auga para dar orixe aos fillos en desenvolvemento.

A maioría das especies de polbos nace enteiramente formada, sen pasar polo estadio larval: adultos en miniatura, incluso exhiben as mudanzas de cor lampexantes, desde antes mesmo de romperen a casca das ovas.

A femia, que non se alimenta durante a incubación, xeralmente defiña e morre pouco tempo despois da eclosión. O macho vive o bastante talvez para se reproducir unha ou dúas veces, envellecendo e morrendo pouco despois.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com