Pico de Orizaba
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pico de Orizaba | |
---|---|
Pico de Orizaba, a montaña máis alta de México |
|
Elevación: | 5,610 m |
Latitude: | 19.01° N |
Lonxitude: | -97.16º W |
Localización: | México |
Tipo: | Estratovolcán |
Última erupción: | 1687 |
Primeira subida: | 1848 por F. Maynard e G. Reynolds |
O volcán Pico de Orizaba, tamén denominado Citlaltépetl, os nahualt da rexión coñéceno como Istactépetl, localízase no México e é a montaña máis alta deste país, a terceira na América do Norte e o terceiro volcán máis alto no hemisferio Occidental. Localízase no extremo oriental do complexo montañoso de Eje, na fronteira entre os estados de Veracruz e Puebla. Actualmente encóntrase dormente, mais non está extinto, tendo ocorrido as últimas erupcións en 1687 e anteriormente en 1630, 1613, 1569, 1566, 1545 e 1537.
A cidade de Orizaba encontrase no pé deste volcán. Próxima do Pico de Orixaba fica a Sierra Negra. Este volcán foi importante para as culturas dos Azteca e Totonaca. O pico e os terreos circundantes son parte dun parque nacional. É posíbel subir até ao cumio do pico, xa que existen camiños de aproximación e escalada.
Categorías: Xeografía | México | Volcáns