Pico Ismail Samani
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pico Ismail Samani | |
---|---|
Altura: | 7.495 metros |
Latitude: | 38° 55′ N |
Lonxitude: | 72° 01′ E |
País: | Taxiquistán |
Cordal: | Pamir |
Primeira ascensión: | 1933 Evgeny Abalakov |
O Pico Ismail Samani (en taxico Qullai Ismoili Somoni) é a montaña máis elevada de Taxiquistán, situada no Pamir, identificada por expedicións científicas soviéticas en 1932 foi denominado Pico Stalin, en 1962 o nome foi mudado a Pico Comunismo e en 1998, coa caída da Unión Soviética, ao seu actual nome.
A primeira ascensión foi feita en 1933 polo montañeiro soviético Evgeny Abalakov. Debido a que se trata dun dos catro picos máis altos da antiga URSS, pertencía ó cuarteto de ascensións que permitía a obtención do premio chamado Leopardo das neves.