Partido de El Bierzo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Partido de El Bierzo (PB) é un partido político que actúa na comarca do Bierzo, fundado o 23 de abril de 1979 conta na actualidade con arredor de 1000 afiliados, dos cales 400 pertencen ás Juventudes Regionalistas de El Bierzo. O PB defende a lingua galega como parte do patrimonio cultural de Bierzo e mantén acordos de cooperación co BNG.
O PB defínese como unha formación progresista e rexionalista que desexa dotar ó Bierzo da súa propia personalidade política e o seu recoñecemento como rexión a través dun Consello Xeral do Bierzo elixido directamente que substitúa ó actual Consello Comarcal do Bierzo ao que acusan de inoperante. Dirixido durante anos por Tarsicio Carballo, quen acaba abandonando o partido e fundando un propio, o Partido Regionalista de El Bierzo, tras o congreso extraordinario do ano 2000 que refundou o PB. O seu actual presidente é Luís Linares e Iván Alonso é o seu secretario xeral.
[editar] Eleccións
- Municipais 1987: 5.118 votos, 16 concelleiros
- Municipais 1991: 4.595 votos, 13 concelleiros
- Municipais 1995: 4.855 votos, 12 concelleiros
- Municipais 1999: 3.734 votos, 10 concelleiros
- Municipais 2003: 2.787 votos, 3 concelleiros