Niccolò Paganini
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Violinista e compositor, naceu en Xénova o 27 de outubro de 1782 e finou en Niza o 27 de maio de 1840, foi un dos máis famosos virtuosos da súa época e é considerado coma un dos millores violinistas de tódolos tempos.
A súa perfección técnica era moi elevada: técnicas de arco expresivas e innovacións no uso do staccato e do pizzicato, xunto cun oído absoluto e unha entonación perfecta.
As súas obras máis coñecidas son os Caprichos (numerados dende o 1 ó 24). Ademáis, escribeu seis concertos e varias sonatas para piano.